DESCUBRIR
Ponte Comboa
- Imaxe
- Imaxe
O tempo nesta zona
36691 Soutomaior Pontevedra
España
A ponte de Comboa atópase sobre o río Verdugo, na parroquia de San Salvador de Soutomaior, e comunica os lugares de Comboa e Romariz.
De orixe medieval, dátase entre os séculos XIII e XIV. Construída en pedra, presenta tres arcos de diferentes dimensións e conta con contrafortes que reforzan os seus apoios.
A ponte forma parte dunha contorna fluvial de notable interese paisaxístico, próxima á confluencia dos ríos Verdugo e Oitavén. Desde este punto pódese gozar dun agradable percorrido á beira do río cara á Poza das Bestas e á súa ponte colgante.
Polas súas características históricas, arquitectónicas e paisaxísticas, a ponte de Comboa constitúe un dos elementos destacados do patrimonio civil de Soutomaior.
Pontevedra