Ir o contido principal
INSPÍRATE

Abrazada polo Miño e polo Atlántico

As súas construcións tipicamente mariñeiras forman unha fachada de cores espectacular

Abrazada polo río Miño e polo océano Atlántico, o seu centro de vida e lecer vira arredor do porto, entre o bulicio dos barcos e as e os veciños e visitantes que os despiden cando saen a faenar.

A influencia mariñeira percíbese en calquera recuncho da localidade, dando un paseo polas súas estreitas rúas empedradas e fermosas prazas, e nas súas construcións tipicamente mariñeiras. O seu emprazamento estratéxico fusiona paisaxes de litoral, río e montaña que rodean o pobo de abundantes recursos naturais. Na Guarda dábanse as condicións perfectas para establecer unha poboación dinámica.

A xoia da coroa da rexión é o monte Trega, que emerxe entre o océano Atlántico e o río Miño como unha perfecta atalaia

A nivel arquitectónico destaca a colorida fachada marítima, que forma parte do seu centro histórico e é unha das estampas máis recoñecibles das Rías Baixas. Trátase dun conxunto de vivendas baixas de múltiples cores integrado no barrio da Mariña, cuxas edificacións son das máis antigas do pobo.

A xoia da coroa da rexión é o monte Trega, que emerxe entre o océano Atlántico e o río Miño como unha perfecta atalaia. Ofrécenos unhas impresionantes vistas sobre o estuario, a fronteira portuguesa e o centro histórico guardés.

Mantendo a tradición dos pobos mariñeiros de Galicia, A Guarda é coñecida tamén polas súas festas populares multitudinarias, entre as que destacan a Festa do Monte, a Festa da Lagosta —o seu prato por excelencia— e a Festa do Roscón de Xema, que é unha das sobremesas típicas da gastronomía do sur de Pontevedra.

puerto deportivo
Desplegable