Ir o contido principal
INSPÍRATE

Entre Castelos Rías Baixas

¡A Deputación de Pontevedra, a través de Turismo Rías Baixas, convídate a descubrir un evento pioneiro na nosa rexión que combina deporte, patrimonio e turismo!

O vindeiro sábado 18 e domingo 19 de abril celebrarase a primeira edición do Trail Entre Castelos Rías Baixas, que unirá dous enclaves patrimoniais emblemáticos da nosa comunidade: o castelo de Sobroso e o castelo de Soutomaior. Os corredores e as persoas participantes percorrerán diferentes contornas forestais da nosa provincia, gozando así dalgunhas das paisaxes máis espectaculares da zona.

ANÓTATE AQUÍ

Que modalidades hai?

O evento contará con diferentes modalidades pensadas para diversos públicos:

  • A proba principal será o “Trail Entre Castelos Rías Baixas”, un trail de aproximadamente 25,7 quilómetros, que partirá desde o Castelo de Sobroso e finalizará no de Soutomaior. O percorrido é integramente natural, atravesando zonas forestais, pistas rurais e sendeiros de montaña. Esta proba terá a súa saída ás 10:00 horas do día 19 de abril

  • Para as persoas participantes que busquen un evento menos competitivo existe a posibilidade de realizar a “Andaina Entre Castelos Rías Baixas”, unha modalidade orientada a persoas que habitualmente realizan camiñadas. O percorrido, cunha lonxitude de 8,7 quilómetros, discorre por sendeiros forestais e pistas rurais, combinando tramos de subida progresiva con contornas máis cómodas de terreo. Esta proba terá a súa saída ás 12:30 horas do día 19 de abril.

  • Tamén contará cunha proba para a cativada, unha “Carreira Infantil Entre Castelos Rías Baixas”. Esta carreira dispón dun percorrido adaptado en distancia, xa que son 0,9 quilómetros sen dificultade, empregando camiños seguros e delimitados pola organización. Dentro desta proba existirán dúas categorías diferentes: unha para nenos e nenas de 6 a 8 anos e outra para nenos e nenas de 9 a 12 anos. Esta proba terá a súa saída ás 16:30 horas, neste caso o sábado 18 de abril.

*Todas as probas teñen carácter popular (non federado).

A participación está aberta a todas as persoas que formalicen correctamente a súa inscrición e declaren que se atopan en condicións aptas para completar a modalidade escollida. O cupo máximo será de 500 participantes no conxunto das modalidades Trail, de 200 participantes na Andaina e de 300 participantes na carreira infantil.

¡Horarios!

 

Sábado 18 de abril: Castelo de Soutomaior

  • 11:00 – 18:00: Entrega de dorsais.

  • 16:30: Saída da carreira infantil en Soutomaior.

  • 17:30: Charla cun influencer deportivo.

Domingo 19 de abril: 

  • 10:00: Saída do “Trail Entre Castelos Rías Baixas” (Castelo de Sobroso).

  • 12:30: Saída da “Andaina Entre Castelos Rías Baixas” (Castelo de Soutomaior).

  • 15:00: Entrega de premios (Castelo de Soutomaior).

¡Anótate xa!

As inscricións serán de balde en todas as modalidades. O prazo de inscrición está aberto desde o 26 de febreiro ata o 9 de abril de 2026. Non se admiten cambios de titularidade.

ANÓTATE AQUÍ

A recollida de dorsais realizarase exclusivamente o sábado 18 de abril, en horario de 11:00 a 18:00 horas, no Castelo de Soutomaior. Unha hora antes da saída, no Castelo de Sobroso, habilitarase unha mesa para a entrega dos últimos dorsais.

A organización solicitará un documento identificativo para a entrega do dorsal, o cal deberá ser visible durante a proba.

Logo Trail Entre Castelos
Desplegable