Obra do arquitecto francés afincado en Vigo Michel Pacewicz, o proxecto foi encargado por José García Barbón no ano 1904. Trátase dun edificio ecléctico de corte francés e base neobarroca de forte simetría.
Este conxunto escultórico, tamén chamado Monumento aos galeóns de Rande ou As áncoras, está composto por tres áncoras das decenas de navíos que se afundiron na ría de Vigo durante a batalla de Rande de 1702.
Este edificio foi construído entre 1907 e 1911 para albergar a casa comercial Viuda e Hijos de Simeón García, con vivendas nos pisos superiores, ás que se accedía polas fachadas laterais.
Este edificio ten un estilo ecléctico cunha clara influencia francesa, destacada pola mansarda na parte superior, a cal está adornada con pequenas xanelas que teñen frontóns curvos e volutas nos laterais.