Muíño de Soloeido de Arriba
Construído en 1812, é o cuarto muíño restaurado do conxunto etnográfico de Zamáns.
Muíños de Gontade
É un conxunto formado por catro muíños de cubo, illados da circulación viaria e rodeados de bosque. Atópanse ao bordo do regato da Carballosa.
Cruceiro da capela de Travesas
Cruceiro ao que se lle atribúe a tipoloxía dos cruceiros de capela ou de Loreto. Na súa base aparece a inscrición: “Avenida de Castelao 1981”.
Cruceiro do cemiterio
Está situado dentro do cemiterio de Bouzas, na praza central fronte á capela; ten unha plataforma de dous banzos de forma hexagonal e o pedestal é cúbico, con todo o bordo superior biselado.
Cruceiro de O Berbés
Cruceiro situado na praza do Berbés, foi realizado polo escultor Antón Faílde Gago.
Conxunto etnográfico de muíños de Estea
Conxunto de tres muíños de cubo situados en pendente sobre o regacho de Estea, cun encoro na parte superior.
Muíño de Maquías
O conxunto está formado por dúas edificacións: unha delas é unha vivenda-muíño con dúas plantas de altura baixo unha cuberta a dúas augas e a outra, un muíño de configuración habitual.