Igrexa de Santa Cristina de Lavadores
Igrexa de estilo románico, aínda que perdeu gran parte dos seus elementos. No último terzo do século xix remodelouse o antigo edificio.
Goleta Nieves Cuatro
Concibida como un buque mercante, serviu ao longo dos seus case cen anos de historia como transporte de mercadorías, coma a arxila, o sal ou o carbón, e cubriu rutas marítimas polo Cantábrico e entre a península e Baleares.
Torre baliza do illote Boeiro
Sinaliza a entrada sur da ría de Vigo xunto coas balizas de punta Lamela e do Cabo de Bicos.
Torre baliza do Museo do Mar de Galicia
O Museo do Mar de Galicia e o seu faro foron construídos sobre unha antiga fábrica de conservas, Alcabre-Molino de Viento, utilizada tamén como matadoiro.
Torre baliza do Cabo de Bicos
Consta dunha torre exenta de planta oval, a cal, xunto coa luz de punta Lamela (Nigrán), ofrece seguridade marítima.
Racú A Oleira
Pertence á Asociación de Mariñeiros Artesanais de Bouzas e converteuse na súa embarcación emblemática.
Buceta A Fanequeira
Trátase dunha embarcación de extremos case simétricos, pero coa proa máis elevada e lanzada.
Torre baliza de Monte Agudo ou do Peito
Este faro, que data de 1904, serve para marcar a entrada norte da ría de Vigo xunto cos faros de cabo Home na costa do Morrazo.