Patrimonio Inmaterial Rías Baixas
O patrimonio inmaterial das Rías Baixas é un tesouro vivo que captura a esencia e a identidade da provincia. A través de tradicións ancestrais, festas vibrantes e un legado cultural transmitido de xeración en xeración, enriquécese a vida de quen as habita e visita. Explorar as Rías Baixas é mergullarse nunha cultura que resistiu o paso do tempo, combinando pasado e presente nunha experiencia inesquecible.
As festividades e celebracións, como a Romaría de Santa Marta de Ribarteme ou o Corpus Christi de Ponteareas, son momentos de encontro onde a devoción, a ledicia e a hospitalidade se expresan con gran intensidade. Estas manifestacións culturais unen comunidades enteiras, preservando ritos e costumes que perduraron sen alteración co paso dos anos.

Lendas en cada rincón
No imaxinario colectivo das Rías Baixas, as historias transmitidas de xeración en xeración resoan con forza. En cada recuncho, os mitos e lendas alimentan a fantasía e o misterio desta terra máxica. Atrévesche a coñecer ao Urco, o “burato do inferno” ou a realizar o ritual das Herbas de San Xoán?
Un floclore mágico
As danzas e músicas tradicionais, como as Danzas de San Sebastián en Aldán, reflicten a riqueza e diversidade do folclore galego. Cos seus pasos enérxicos e melodías envolventes, estas expresións artísticas celebran a vida e a profunda conexión coas raíces culturais da rexión. Gaitas, pandeiretas e voces elévanse en harmonía, evocando tempos antigos e creando momentos de pura emoción.

Sabores únicos
A gastronomía, coas súas receitas tradicionais, é outro piar do patrimonio inmaterial das Rías Baixas. Sabores e aromas que evocan o mar e a terra mestúranse en pratos icónicos, como os elaborados con millo corvo, reflectindo unha herdanza culinaria que se transmite de xeración en xeración. Os produtos do mar e os viños da rexión deleitan o padal e contan a historia dunha profunda conexión co contorno natural.