Curro de Morgadáns
Prado,GondomarMorgadáns (Santiago)36389 GondomarPontevedra
É un gran espectáculo visual. Os homes capturan os cabalos a lazo e condúcenos ó recinto coñecido como curro, córtanlle as crinas e procédese ó reconto de exemplares adultos para coñecer as perdas do inverno, e ó marcado dos poldros. Ó redor do curro celébranse outras actividades, como a venda de monturas, artesanía, postos de bagatelas, rosquillas e tabernas ambulantes coa súa propia carpa nas que se despachan racións de churrasco, sardiñas asadas e polbo á feira
Características
Curiosidades Como sucede nos curros da zona sur da provincia de Pontevedra, os cabalos son collidos coa vara de encabestrar Orixe e historia É unha das tradicións e romarías máis ancestrais de Galicia. Ten lugar nos montes máis occidentais da serra galega e a súa orixe remóntase á Idade de Bronce. O seu fin prinicipal é o marcado dos novos poldros para poderen ser identificados. Paralelamente desenvólvese unha actividade comercial, a compra-venda de reses, o sacrificio destes para o aproveitamento da carne e das crinas cortadas durante o sanemiento das bestas, que se vendía para a fabricación de pinceis e brochas Itinerarios e eventos principais durante a súa realización Habitualmente non discorre ningun evento paralelo á celebración do curro, pero ocasionalmente a festividade pode estar amenizada por grupos de música e mesmo se organiza algunha exposición sobre a orixe do curro ou o cabalo de pura raza galega- Descripción del entorno: Rural
- Prezos: Gratuíto
- Organismo responsable: Asociación Curro de Morgadáns
Data celebración
- Data de: 18/06/2017
Espectáculos
- Espectáculos musicais: Sí
Accesos
- Accesos a pie: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí