Fiestas en Rías Baixas

Pontevedra

A montaña e a ría debuxan o principio e o final desta comarca marcada pola pedra e a auga. Percorrela é un pracer e ocupa un espazo no que paisaxes de interior e costa se funden para crear unha contorna natural de gran riqueza. A tradición mariñeira da comarca de Pontevedra é innegable e Combarro é o seu principal expoñente: embarcacións tradicionais, casas mariñeiras e hórreos a pé de praia crean un auténtico santuario mariño. A cidade de Pontevedra, capital das Rías Baixas, non queda atrás en atractivos. É unha cidade señorial, que parte dun barrio mariñeiro, e comprometida coas e cos peóns. No percorrido polo seu centro histórico destaca a impoñente basílica de Santa María.

A comarca atesoura ademais un rico patrimonio arqueolóxico. Destacan o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, a Área Arqueolóxica da Caeira, en Poio, e a Área Arqueolóxica de Tourón. As tres conservan importantes gravados rupestres e espectaculares xacementos que manteñen indelebles as pegadas da nosa historia.

Para asimilar esta gran variedade de alicientes e facer unha pausa convén mergullarse no agradable contorno da lagoa de Castiñeiras ou ben subir ata o miradoiro de Cotorredondo. A súa posición estratéxica permite observar desde arriba as tres rías da provincia. Outro dos imprescindibles da comarca é a visita ao Parque Natural do Río Barosa, que conseguirá que te sintas máis con máis vitalidade que nunca.