Fiestas en Rías Baixas

Rías Baixas, un destino de calidade

Logo SICTED

Rías Baixas é un dos grandes destinos turísticos de España e atrae cada vez máis visitantes internacionais. A beleza do territorio está en consonancia coa calidade que prestan os operadores do sector, desde restaurantes, hoteis e casas de turismo rural, a axencias de viaxes, adegas, empresas especializadas en turismo activo e moitas outras entidades públicas e privadas da provincia de Pontevedra.

Este bo facer queda acreditado co alto número de empresas que forman parte do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED) e as que recibiron o "Q" de calidade certificado polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE). Trescentas empresas e entidades públicas da provincia de Pontevedra forman parte do SICTED, e 133 locen o “Q”.

Logo Q de Calidad

Formas parte do sector turístico? As vantaxes de recibir estes distintivos de calidade son moi significativas e axudaranche a consolidar o teu negocio, gañar prestixio, optimizar a xestión e, en conxunto, competir mellor no mercado turístico.

As empresas integradas nestas redes reciben importantes servizos e promoción, o que lles achega diferenciación e maior difusión entre as e os potenciais visitantes, ademais de fortalecer o destino turístico. Ofrecémosche aquí a información necesaria para que de maneira sinxela coñezas as súas vantaxes competitivas e poidas tramitar a túa adhesión. Apúntaste á calidade Rías Baixas ?

Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED)

"Q" de calidade