O Morrazo
Entre as rías de Pontevedra e Vigo existe un lugar de costa salvaxe e praias familiares, unha lingua de terra atlántica cun marcado e especial carácter. O Morrazo é soberbio. A súa infinita lista de praias, o seu enorme atractivo paisaxístico e a riqueza arquitectónica dos seus núcleos costeiros amosan unha perfecta asociación entre a natureza e a man do home. Todo sazonado por unha grande historia.
Recomendamos...
A Costa da Vela arroupa Cabo Home e Cabo Udra, dous enclaves dunha altura impoñente que proporcionan unhas fabulosas vistas sobre as rías da provincia e as illas do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas. Unha simple mirada trasládanos varios séculos atrás no xacemento de monte do Facho, onde ademais se pode gozar dunha das mellores postas de sol de Galicia.
Destacan ao longo de toda a costa as edificacións vinculadas ao mar e á industria da conserva, entre as que destaca a historia da familia Massó, estirpe catalá que se trasladou a Bueu e levantou unha das maiores e máis importantes industrias conserveiras do século pasado.