O Condado-A Paradanta
No sueste da provincia de Pontevedra as e os visitantes atoparanse cunha área de natureza fermosa e amable que ofrece multitude de opcións para gozar da paisaxe. É ademais un destino idóneo para calquera estación do ano. Dominada polo curso dos ríos Miño e Tea, o nome proporcionáronllo os condes de Salvaterra, o que deixa xa entrever a nobreza da zona. Unha das rutas máis coñecidas é a do Camiño da Raíña, que era frecuentada por Dona Urraca para chegar desde Castela ao mosteiro da Franqueira e ao castelo de Sobroso.
Se por algo destaca esta comarca é por unir patrimonio natural e fortificado nunha paraxe excepcional para a práctica de sendeirismo. As montañas de Covelo esconden no seu interior muíños, robledales e centenarias capelas que impregnan de maxia a paisaxe. Sen dúbida a ruta de miradoiros que temos nesta zona, na que destaca o de Fontefría na Cañiza, ofrece unhas vistas incribles da provincia.
Pero non todo é acariñar o ceo. En Crecente e en Arbo gozarás do río Miño e das pesqueiras, ademais da visita ás adegas da subzona do Condado, pertencentes tamén á D. O. Rías Baixas.