Fiestas en Rías Baixas

Natureza

Idilio entre mar e terra

As Rías Baixas ofrecen paisaxes impresionantes na costa e no interior

Un monte verde e denso onde a maxia se respira. Unhas illas maxestosas onde contemplar a mellor posta do sol do mundo. Unhas praias onde a palabra paraíso cobra sentido. A natureza foi máis que xenerosa co interior e a costa das Rías Baixas. Regalounos paisaxes incomparables, praias, montañas, cantís, bosques, dunas, illas etc., e todo adxectivo queda pequeno para describir a grandísima riqueza natural da nosa terra.

A flora e a fauna atopan un contorno perfecto para crecer inmaculadas e sen alteracións. A provincia de Pontevedra conserva paraxes naturais incomparables, remansos de paz cunha extraordinaria biodiversidade e beleza. Os fondos mariños das Rías Baixas son únicos no mundo, con especies singulares que só se atopan neste territorio. Colle aire e respira: a natureza chama por ti.

  •  
    Río Oitavén
  •  
    Bosque de Secuoyas (Poio)