No cumio das Rías Baixas
O ondulante trazado das tres rías e a exuberante natureza do interior de Pontevedra converten calquera percorrido pola provincia nun auténtico espectáculo para os sentidos. Ademais de gozar sobre o terreo desta riqueza paisaxística e patrimonial podes admirala en conxunto desde unha das impresionantes atalaias que salpican As Rías Baixas.
Ascende a unha destas cimas, divisa desde as alturas esta terra de contrastes e goza das súas espectaculares vistas sobre os meandros do río Miño, a serra do Cando, as illas de Tambo ou San Simón ou os centros urbanos de Vigo e Vilanova de Arousa. Non o esquecerás!