Rías Baixas buscan un turismo de calidade e sustentable
O 20 de setembro realizouse a presentación da segunda fase do Plan Estratéxico de Turismo de Pontevedra. A relevancia do proxecto reside en que se trata da primeira colaboración conxunta entre as diversas entidades da provincia, no que afortunadamente participaron 138 empresas privadas deste sector (o 100 %) e 54 de municipios (o 89 %), ademais do apoio, coordinación e impulso pola Deputación de Pontevedra. Un plan cuxo obxectivo é potenciar este sector na provincia de maneira equitativa entre os concellos e escoitando a todas as voces involucradas para crear así un turismo de calidade.
Despois de realizar o estudo de mercado entre as entidades involucradas, nas que se incluían 11 a municipios, 7 a entidades xestoras de turismo, 11 a asociacións turísticas e 41 ao sector privado, destacou como primeira prioridade a creación dun turismo sustentable, de calidade e non masificado para o futuro da provincia.
Sobre os datos das empresas privadas participantes, ao redor do 63 % son establecementos de aloxamento, do 13 % de restauración, o 5 % de intermediación, sobre o 9 % do sector servizos, e sobre o 7 % corresponderían a outros labores complementarios. A rexión que máis empresas achegou á enquisa foi Sanxenxo cun 16 %, seguida de Pontevedra e Vigo co 13 e 9 % respectivamente.
Entre as 10 mesas de traballo realizadas, concretáronse 8 puntos nos que o sector se debía concentrar. Estas temáticas son: o litoral; o cultural; os cruceiros, MICE e turismo urbano; a enogastronomía; a natureza e o termalismo; o Camiño de Santiago; o turismo deportivo, activo e de aventura; e o turismo rural e de raíz.
Outras das accións que se buscan son unha oferta diversificada, procura de autenticidade e diferenciación, a desestacionalización, unha proxección internacional, e a coordinación entre as partes involucradas
O 56 % dos enquisados consideran As Rías Baixas como un destino altamente competitivo, onde a enogastronomía, os espazos naturais e a paisaxe obtiveron a maior relevancia e cuxas accións principais de promoción deberían darse a través das redes sociais, as páxinas web turísticas da provincia e os acordos con touroperadores.
A reflexión final situaba ao turismo de calidade non masificado como a primeira das prioridades por todos as persoas enquisadas, seguido dun modelo sustentable, unha oferta diversificada, busca de autenticidade e diferenciación, a desestacionalización, unha proxección internacional, e a coordinación entre as entidades.
A data para a súa aprobación esta posta para decembro de 2017 e levaríase a cabo durante os próximos anos ata 2020.