FICB Bueu proxecta os mellores curtos do último ano
O público encheu o auditorio do Centro Social do Mar de Bueu para asistir, o 11 de setembro, á estrea da sección oficial do 10.º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu. O arranque non puido ser mellor para un certame que presenta este ano a maior oferta de proxeccións e actividades do seu dez edicións. Un centenar de curtos de corenta países, charlas, encontros e coloquios con cineastas, radio en directo, espectáculos de maxia e ata unha ruta das tapas con nomes moi cinematográficos son algunhas das propostas do certame.
O principal gancho de FICB Bueu é a alta calidade e diversidade das curtametraxes que reuniu, que se proxectarán nas diferentes seccións do festival; catro delas son de carácter competitivo, as denominadas Oficial, Galicia, España e Escola; e, ademais, inclúe outro nove secciones paralelas, nas que teñen cabida cintas de animación, comedias, pezas dirixidas especificamente ao público infantil e xuvenil e curtos de Latinoamérica e de Portugal, entre outros.
Entre as novidades desta edición, figuran a entrega dun Premio de Honra, aínda secreto, e a creación dun punto de encontro onde o público pode reunirse para comentar os curtos, atoparse cos directores nas presentacións e coloquios ou gozar da exposición "10 anos de cinema". Este ano tamén ten é protagonista a radio en directo, coa realización desde a vila dos programas culturais El séptimo vicio e Carne cruda.
Programación
La sección Oficial ofrecerá ata o 15 de setembro dous pases diarios, ás 19:45 h e ás 22:00 h, cun coloquio despois do primeiro e presentacións antes do segundo. As proxeccións das seccións paralelas Comedia, Panorama, Latinoamérica, Animación e Festival Avanca terán lugar cada día, ás 18:00 h. Ademais, tamén se ofrecerán pases pechados para alumnado de primaria.
A última xornada, o sábado 16, arrincará cunha conferencia matinal sobre as series televisivas e pola tarde terá lugar outra charla sobre a coprodución de cinema entre Galicia e Portugal. Ás 21:30 horas arrincará a esperada gala de clausura, que inclúe a entrega de premios e que dará paso á festa de peche, co concerto de Tanxugueiras. Nesta última sesión volveranse a proxectar os curtos gañadores dos premios principais.
Máis información
Web oficial do festival: https://www.ficbueu.com