Fiesta de la Tortilla de Laro
A Asociación de Amigos da Tortilla de Laro celebra na Carballeira de Castro, desde o ano 1989, unha das festas gastronómicas máis concorridas da comarca do Deza. Miles de persoas reúnense cada ano para saborear as tortillas que preparan os restaurantes e a asociación de amas de casa: de bacallau, de chourizo, de gambas, de torresmos… A romaría comeza cun pregón ao que lle seguen a gran cea-degustación, concurso, poxa, etc., na carballeira, con actuacións de grupos tradicionais, charangas e orquestras. Foi declarada festa de Interese Turístico Galego no ano 2013
Servizos
Actividades
- Actividad: para familias, para niños
Características
Curiosidades Esta festa dálle inicio ás festas patronais da parroquia de Laro. É unha das máis aclamadas en toda a comarca. Empeza co comezo da noite e termina ben entrado o amencer. Xúntanse grupos de xente, desde mozas ata maiores. Cada grupo pon a súa mesa sen ningún custo e leva a súa propia comida. No recinto tamén hai tortillas a vender polos organizadores, v¡ño e xerras da romaría. Hai postos de polbo Itinerarios e eventos principais durante a súa realización Durante a cea hai varias charangas que amenizan en todo o recinto a festa. A partir de medianoite, a celebración trasládase ó campo da festa, onde continúa ata a madrugada- Descripción del entorno: Rural
- Orixe e historia: Celébrase desde finais dos 80
- Organismo responsable: Amigos da Tortilla
- Declaración de interese turístico: Galego
Accesos
- Accesos a pie: Sí
- ¿Existe transporte público para acceder al recurso?: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí