Cabecera experiencia

Adopta unha aldea singular

Buscador
Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Outono Outono Icono Inverno Inverno Icono Primavera Primavera Icono Verán Verán
Onde...
Icono Interior Norte Interior Norte

Situadas nas montañas ou vales á beira de extensas praderías, aí é onde debes camiñar, buscar e escoitar. Alí estará a humilde aldea, á beira dun regato, entre camiños de toxo e breixos. Un pequeno mundo afastado do bulicio da cidade, unha cova que garda segredos da historia das nosas vidas, a historia de Rías Baixas.


Por suposto, todas elas están rodeadas de lendas de tesouros escondidos, meigallos que caeron sobre os seus habitantes e historias de mozas garridas que esperan o retorno do seu namorado da guerra. No territorio Rías Baixas hai varias.

Na procura dos segredos mellor gardados atopamos a aldea de Godela, en Cerdedo- Cotobade. Ao descender por un precioso camiño cun frondoso bosque autóctono atopamos unhas construcións do s. XVIII, entre as que destacan a Casa da Peste e a Ferrería de Martín.

Nesta zona descubrimos os restos da pequena aldea de Arufe, con mostras da obra de afamados canteiros da zona: enormes hórreos, pombais e fontes que a natureza foi agochando.

A antiga aldea de Vichocuntín é un verdadeiro museo ao aire libre que mostra a etnografía da comarca: lareiras, chemineas, balconadas, hórreos e un vello muíño de auga. Necesario velo para crelo!

Adopta una aldea singular
Adopta una aldea singular

Dirixímonos ao concello de Forcarei, no que se atopa a aldea de Grobas. A existencia de antigas minas de estaño e a venda de carbón de carballo converteron esta poboación nun núcleo económico. Non debemos esquecer a proximidade do mosteiro de Aciveiro e as neveiras de Fixó, nas que se gardaba a neve para vendérllela en forma de xeo aos ricos da cidade.

De camiño a Lalín descubrimos o fermosísimo e antigo solar do casal de Chedas. Non obstante, antes debemos parar no Convento, un lugar arqueolóxico que se considera que eran antigas dependencias pertencentes ao mosteiro de Aciveiro, utilizadas como lugar de castigo. De aquí proceden pedras que agora forman o extraordinario casal. Cheira a cocido, e o seu único habitante dispón dun val de 400 ha onde se cre que existiu unha antiga granxa.

Adopta una aldea singular
Adopta una aldea singular

Por último, Zobra, un pequeno pobo representativo do rural galego. Esta aldea de 200 habitantes destaca polos seus produtos ecolóxicos coma mel, queixo e produtos de horta. Din que os osos volven aparecer na zona na procura do rico mel e que os lobos regresan aos foxos.

Mitos da Galicia illada, antiga e misteriosa. Leva contigo a sensación de ter camiñado sobre a herba fresca grazas aos regatos que nunca secan porque a montaña non o permite. Rías Baixas permíteche conseguir isto e moito máis!

Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Outono Outono Icono Inverno Inverno Icono Primavera Primavera Icono Verán Verán
Onde...
Icono Interior Norte Interior Norte