Cabecera experiencia

O ouro negro da Brea

Buscador
Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Outono Outono Icono Inverno Inverno Icono Primavera Primavera Icono Verán Verán
Onde...
Icono Interior Norte Interior Norte

Na II Guerra Mundial as entrañas de Vila de Cruces convertéronse no epicentro dunha guerra secreta. Aínda que se traballaba xa moitos anos antes, a minería foi o eixe condutor do desenvolvemento da zona naqueles tempos e As Rías Baixas víronse afectadas por iso.


O poboado mineiro de Fontao é un lugar rodeado de misterio e historia. A contorna é unha paisaxe abatida pero dunha beleza hipnótica. Aquí atopamos o volframio, que se converteu nun mineral prioritario para todos os bandos enfrontados.

Coa efervescente actividade extractiva o pobo fíxose real. Abríronse unhas sesenta tabernas, dous cinemas e tres salóns de baile, así como varias casas de comida, hostais e apartamentos onde aloxar obreiros. Todo iso no barrio de madeira, un cóctel de vida en Deza que xeraba diñeiro para pasar unha posguerra que deixara o pobo con fame.

No momento de maior produción ao redor de 6.000 persoas traballaban alí de forma oficial, pero a complicidade da nocturnidade animaba a moitos a axexar as escavacións e arriscarse, naqueles tempos de pobreza, ao estraperlo do mineral.

En toda esta historia as mulleres tiveron un papel moi importante na mina, como demostran as diversas fotografías que podemos atopar desta época. A elas non se lles permitía baixar ás galerías nin ás fábricas, pero realizaban os traballos de lavado e separación de material. As veciñas da Brea cóntanlles aos seus netos historias sobre a trasfega clandestina na que se viron envoltas. As minas, controladas polos alemáns, eran obxecto de desexo dos aliados, polo que algunhas delas se arriscaban vinculándose con partidas que vendían ao mellor ofertante para gañar o pan. Moitas eran detidas ao saíren de traballar por levar nas súas tallas volframio camuflado entre a terra. Os homes utilizaban tamén artimañas: vestíanse con roupas de la e cando finalizaba a xornada tirábanse sobre as montañas do mineral xa moído. Ao chegar á casa saltaban sobre unha saba para que o volframio caese e poder vendelo para sacar un diñeiro a maiores.

O val atravesado polo río Deza foi a localización casual da mina. A día de hoxe hai un canón de gran beleza e a pouca distancia a caída natural de auga máis alta de Galicia e das Rías Baixas: a fervenza do río Toxa. O mosteiro de Carboeiro atópase tamén preto, escenario das escaramuzas protagonizadas polos que facían a chamada ruta do estraperlo, escapando co volframio que extraían das minas.

A Brea ofrece, ademais, un lugar ideal para gozar das propiedades da auga: o Hotel-Balneario da Brea. As súas modernas instalacións, rodeadas de bosques e auga, son un lugar excepcional para practicar a balneoterapia. Mergúllate!
Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Outono Outono Icono Inverno Inverno Icono Primavera Primavera Icono Verán Verán
Onde...
Icono Interior Norte Interior Norte