Cabecera experiencia

Ameixas do Carril: un agasallo para os sentidos

Buscador
Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Verán Verán
Onde...
Icono Costa Norte Costa Norte

O sábado 18 e o domingo 19 de agosto celébrase no Carril a XXVI edición desta festa gastronómica das Rías Baixas que coincide coas Festas de San Roque de Vilagarcía de Arousa.


Agosto empeza por todo o alto, e iso sábeno moi ben en Vilagarcía de Arousa. Desde o día 1 deste mesmo mes comezan na localidade os festexos en honor a San Roque, que continuarán durante as seguintes semanas con actividades, música e diversos eventos.

A Festa da Ameixa do Carril, aínda que non está ligada directamente ás Festas de San Roque, coincide en tempo e lugar con elas. Celebrarase na parroquia do Carril o sábado 18 e o domingo 19 de agosto.

A rubia, a babosa e a xaponesa: non son os nomes de ningún grupo pop punk nipón nin as protagonistas dalgún manga xaponés, senón o tipo de ameixas que máis se cultiva en España. A rubia, de orixe portuguesa, é a que máis éxito ten en Galicia, e o seu prato, á mariñeira, o máis popular.

Con 500 anos de historia oficial, O Carril presume de varias xeracións dedicadas ao mar: ao peixe, marisco ou calquera outro froito que puidesen cultivar ou extraer das augas costeiras. Unha arte que se conmemora coa Festa da Ameixa desde hai máis de dúas décadas, tras máis de catro séculos de experiencia. Talvez por isto, ou polo seu bo humor, posúen a súa propia Orde, a Orde da Ameixa.

As persoas amantes da enoloxía sempre poden acompañar as ameixas cun bo viño do Val do Salnés con Denominación de Orixe Rías Baixas. Todo é pouco para dar culto a este molusco, do que, como curiosidade, podemos destacar que se trata do animal máis lonxevo do mundo documentado ata a data, cos envexables 507 anos cos que se datou un destes bivalvos recentemente en Islandia. Casualmente, a mesma idade que a parroquia pontevedresa do Carril.

Para ver e percorrer

Existen moitas opcións para ver e percorrer entre prato e prato na comarca, pero se preferimos quedar no municipio temos a posibilidade de visitar a illa de Cortegada, achegarnos ao castro de Alobre ou admirar o petróglifo dos Ballotes.

Gozar do festival de concertos de música Revenidas en Vilaxoán é outra boa opción, desde o venres 17 ata o domingo 19.

O combate naval na medianoite do sábado nas praias é outro dos festexos máis populares das festas de Vilagarcía.

Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Verán Verán
Onde...
Icono Costa Norte Costa Norte   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos