Era Colón de orixe galega?
"As tres décadas de ouro do Colón galego" ou "Las tres décadas de oro del Colón galego" na súa tradución ao castelán, é o nome que leva a nova exposición da man de Roberto Taboada Rivadulla. A mostra presenta e reúne toda a documentación posible que defende a tese da orixe galega do almirante.
Os traballos reunidos abarcan ata a data a bibliografía máis extensa en referencia ao Colón galego. Documentación que comeza coa obra de Celso García Cristobal Colón Español de 1899 ata a actualidade, así como manuscritos de Constantino Horta e Pardo e de Prudencio Otero, ademais de material de hemeroteca e do Comité Prol Colón Español.
Quen desexe asistir á exposición, esta atópase na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, na praza de Santa María, Pontevedra, desde o 12 de xaneiro de 2018 ata o 26 do mesmo mes. Os horarios son de 8 da mañá ata as 20 da tarde de luns a venres. Sábados, domingos e festivos poderase ver de 10 a 14 horas. Ademais, os sábados tamén se poderá asistir polas tardes de 16 a 19 horas.
A Casa Colón posúe documentación da época que demostra a existencia dunha familia de navegantes apelidada Colón así como a inscrición do cruceiro que se atopa ao pé da porta que di "Juan Colón R" 1490
O político e profesor Roberto Taboada xa fora comisario doutras exposicións. Entre elas, outra sobre o mariñeiro español en 2014, "Exposición sobre Cristóbal Colón".
Para quen se senta atraído por esta tese sobre a orixe natural do navegante, é posible que lle interese a casa Museo Colón que se localiza no municipio de Poio.
Un espazo aberto a visitantes no que se garda documentación relevante sobre este estudo. O mesmo municipio posúe un parque de sequoias regalado pola Administración de George Bush pai en 1992 como conmemoración do quinto centenario do descubrimento de América.
Os actos ao redor do mariñeiro na provincia compleméntanse con outros como o Día de Colón en Poio e a Festa da Arribada en Baiona, que conmemora a chegada da Pinta a Europa despois da mítica viaxe. Celebración que goza de ser Festa de Interese Turístico Internacional desde 2015.