Ir o contido principal
DESCUBRIR

Festival da Auga de Vilagarcia

Diversión e moita, moita auga

Miles de persoas danse un mergullo colectivo en Vilagarcía de Arousa

En corenta anos, Vilagarcía de Arousa viu como un berro espontáneo en metade dunha celebración pedíndolle auga á veciñanza transformouse nunha tradición declarada festa de interese turístico nacional. Como tal, ocupa os medios de comunicación ese día grazas ao que ten de curiosa.

 

Fiesta del Agua

Cada mediodía do 16 de agosto, a capela de San Roque recibe o seu santo, levado en procesión desde a igrexa parroquial de Santa Olaia. Cando entra, de costas á igrexa e mirando sempre aos fieis, empeza a festa.

Concello e igrexa non estaban de acordo ao principio, pero terminaron por aceptala e integrala nas festas de San Roque, e acabou converténdose en protagonista absoluta e no evento que máis poder de convocatoria ten nestas celebracións. Tras a lectura do pregón, as rúas convértense nunha ducha colectiva coa axuda dos bombeiros, de protección civil e das propias veciñas e veciños, armados desde as xanelas e balcóns das súas casas de cubos e mangueiras.

Outra das procesións é a de San Roque Pequeno, que xa conta con máis de 100 anos de tradición. Ten lugar a véspera da Festa da Auga no propio barrio de San Roque e organízaa a veciñanza, tras desprazar a festa oficial á alameda e ao peirao. Durante a procesión vespertina, ás 8 da tarde, trasládase o santo á igrexa parroquial. As persoas que o portan levan traxe branco e faixa vermella e van acompañados do cura e as autoridades.

Para os que queiran empaparse, recoméndase asistir con vestimenta lixeira como sandalias e traxe de baño e, se é posible, roupa para cambiarse posteriormente, ademais de gardar calquera dispositivo electrónico susceptible de danarse coa auga.

 

Fiesta del agua
Fiesta del Agua
Fiesta del agua
Desplegable