Ir o contido principal
DESCUBRIR

Denominacións de orixe alimentaria e vitivinícola

O froito da excelencia

Denominacións de orixe: Viños, mexillóns, queixos e pementos

Sabor, un traballo minucioso das produtoras e produtores para obter a mellor materia prima e unha calidade contrastada. Son tres grandes atributos da gastronomía das Rías Baixas, que atopan o seu máximo expoñente nos produtos con denominación de orixe: viños, mexillóns, queixos de tetilla e Arzúa-Ulloa e pementos de Herbón. Así son:

Desplegable
Título
1. DENOMINACIÓN DE ORIXE PROTEXIDA RÍAS BAIXAS
Descripción

Na denominación de orixe protexida (DOP) Rías Baixas conviven tradicionalmente variedades brancas e tintas, pero son as brancas as que teñen maior peso e, entre elas, a variedade Albariño achega un carácter específico a esta zona vitivinícola.

Zona xeográfica

  1. Val do Salnés : Cambados, Meaño, Sanxenxo, Ribadumia, Meis, Vilanova de Arousa, Portas, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Barro, O Grove e A Illa de Arousa.

  2. Condado de Tea : Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo, Crecente, Salceda de Caselas, Ponteareas, A Cañiza (parroquia de Valeixe), Tui (parroquias de Guillarei, Paramos, Baldráns e Caldelas de Tui) e Mos (parroquia de Louredo).

  3. O Rosal : O Rosal, Tomiño e A Guarda, Tui (parroquias de Pexegueiro, Zonas, Malvás, Ribadelouro, Rebordáns, Pazos de Reis, Randufe e Tui) e Gondomar (Mañufe e Vilaza)

  4. Soutomaior : concello de Soutomaior.

  5. Ribeira do Ulla : na provincia de Pontevedra, A Estrada, Silleda e Vila de Cruces.

Denominación de origen protegida

Título
2. DENOMINACIÓN DE ORIXE PROTEXIDA MEXILLÓN DE GALICIA
Descripción

A DOP Mexillón de Galicia ampara os mexillóns que realmente proceden das rías galegas e certifica que están cultivados segundo a forma tradicional e natural destas rías, baseada nunha relación respectuosa co medio.

Zona xeográfica

A súa zona de cultivo é o espazo marítimo interior das rías galegas das provincias da Coruña e Pontevedra, habilitadas para o cultivo de mexillón en batea; está constituída polas seguintes zonas: Ría de Ares-Sada, Ría de Muros-Noia, Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Ría de Vigo.

Mejillones pontevedra

Título
3. DENOMINACIÓN DE ORIXE PROTEXIDA PEMENTO HERBÓN
Descripción

Os pementos amparados pola DOP Pemento de Herbón son os froitos da especie Capsicum annuun L., procedentes dos ecotipos locais da variedade de Padrón.

Zona xeográfica

A área de produción do produto amparada pola Denominación de Orixe Protexida abrangue os seguintes termos municipais:

  • No provincia de Pontevedra: Pontecesures e Valga.

  • Na provincia da Coruña: Padrón, Dodro e Rois.

Pimientos

Título
4. DENOMINACIÓN DE ORIXE PROTEXIDA QUEIXO TETILLA
Descripción

O queixo de tetilla caracterízase por un cheiro e un sabor suaves e unha textura cremosa, ademais de diferenciarse pola súa forma cónica. O produto obtense do leite de vacas de razas frisoa, pardo alpina e rubia galega, e tamén dos seus cruces.

Zona xeográfica

Tanto a zona de produción de leite como a de elaboración do queixo de tetilla comprenden todo o territorio da comunidade autónoma de Galicia.

Na provincia de Pontevedra: Agolada, Lalín, Silleda, A Estrada, Vilagarcía de Arousa e Cuntis.

Queso de tetilla

Título
5. DENOMINACIÓN DE ORIXE PROTEXIDA QUEIXO ARZÚA-ULLOA
Descripción

O queixo Arzúa-Ulloa ten un sabor lixeiramente salgado, cun punto de acidez. A medida que madura, gaña aroma a manteiga e matices de vainilla, nata e noces. Prodúcese a partir do leite de vacas frisoa, pardo alpina, rubia galega e os seus cruces. Existen variedades do queixo de granxa e curado.

Zona xeográfica

A área de produción de leite e de produción de queixo cuberta pola Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa está formada pola zona xeográfica dos seguintes ámbitos municipais:

  • Provincia de Pontevedra : Provincia de Pontevedra: Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces e A Estrada. A estes hai que sumarlles 16 municipios da provincia da Coruña e nove da de Lugo.

Quesos