Language
  • Español
  • Galego
  • English
  • Your destination
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza and Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Essentials
    • Castles
    • Atlantic Islands
    • Lighthouses
    • Route of the Camellia
    • Beaches
    • Viewpoints
    • Castros
    • Old towns
    • The Route of the Wine
    • Pazos
  • Film Commission
  • Discover
    • Food and wine
    • Nature
    • Culture
    • Spas
    • Adventure tourism
    • Heritage
    • Festivals
    • Rías Baixas Ways
    • Coastal tourism
  • Be inspired
    • Routes
    • Flavours
    • Landscapes
    • Sport
    • Water
    • Art and monuments
    • Traditions
    • History
  • Trips
    • O Grove´s coast
    • Inland north
    • South of the Rías Baixas
  • Useful guide
    • How to get
    • Getting about
    • Guides and maps
    • Useful telephones numbers
    • Tourist office network
    • Quality
  • What's new
    • News
    • Multimedia
    • Agenda
    • Newsletter - Now in As Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustainability
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • How do you travel?
  • Login
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - As Cabalgatas de Reis máis vistosas de Rías Baixas - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Language
    • Español
    • Galego
    • English
  • Your destination
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruins of San Domingos San Sadurniño Tower O Facho
    Fraga de Catasós O Picón and O Folón The hot spring of A Gándara Towers of Oeste
    1 2
     

    Essentials

    • Atlantic Islands
    • Lighthouses
    • The Route of the Camellia
    • Beaches
    • Castles
    • Viewpoints
    • Castros
    • Old Towns
    • Wine Route
    • Pazos
  • Discover

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Food and wine
    • Nature
    • Culture
    • Spas
    • Adventure tourism
    • Heritage
    • Festivals
    • Way of Saint James
    • Coastal tourism
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Be inspired
    Routes Flavours Landscapes Sport Water Art/monuments Traditions History

    trips

    A paradise for pedestrians

    Stroll around the city centre, visit this great museum and enjoy a drink or a meal at any of its squares

    Views with the Cíes Islands in the background

    Visit the old towns of Vigo and Baiona and immerse yourself in their fascinating history

    Land of vineyards and lamprey

    Enjoy the thermal springs of Mondariz and discover the wines from O Condado de Tea

  • Useful guide
    How to get here
    How to move around
    Guides and maps
    Tourist office network
    Tourism quality
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Resources
  • What's new
    Agenda
    News
    Newsletter
    Multimedia
    Strategic Tourism Plan
    Sustainable best practice guides
  • Home/
  • What's new/
  • News/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Hear
Share
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

As Cabalgatas de Reis máis vistosas de Rías Baixas

Dacabalo, en tren, en vistosas carruaxes… sexa como for, as Súas Maxestades os Reyes de Oriente visitarán os municipios de Rías Baixas para saudar ás nenas e nenos. Aquí presentámosvos algúns dos desfiles máis vistosos ou peculiares

04/01/2018

Aínda que algúns municipios xa adiantaron a chegada das Súas Maxestades, a maioría das cidades e vilas de Rías Baixas celebrarán a tradicional cabalgata na tarde do venres 5 de xaneiro. As últimas previsións meteorolóxicas dan unha tregua á choiva dos últimos días, con todo, os concellos previron plans alternativos para que o tempo non supoña un contratempo no desfile dos Reis Magos. Carpas, cambios de itinerarios e pavillóns permitirán que as Súas Maxestades saudar a todas as nenas e nenos.

Aquí presentámosvos algunhas das cabalgatas máis vistosas que terán lugar na provincia:

  • Vigo: os contos infantís como eixo temático

As Súas Maxestades de Oriente desfilarán polas rúas da cidade nunha gran cabalgata composta por 15 carrozas cuxa ornamentación está inspirada, este ano, nos contos infantís. A temática da carruaxe de Baltasar será a de Aladino y la lámpara maravillosa, a de Gaspar, La cenicienta e a de Melchor virará ao redor de La bella durmiente. Tamén estarán presentes no desfile El soldadito de plomo, El bosque animado, La bella durmiente, Alicia en el país de las maravillas e Pinocho, entre outros personaxes de conto.

Entre paxes, axudantes reais, nenas e nenos participarán no desfile máis dun milleiro de persoas e repartiranse catro toneladas de caramelos. O percorrido será o habitual dos últimos anos. A cabalgata parte o 5 de xaneiro ás 18:00 horas da rotonda de Isaac Peral e terminará en Porta do Sol, unha vez que saude aos nenos e nenas viguesas polas rúas da cidade.

  • Pontevedra: entrada dacabalo e recepción oficial

Como é costume nos últimos anos, as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente farán a súa entrada en Pontevedra dacabalo, na mañá do día 5 de xaneiro. Tras saudar á Corporación municipal ofrecerán unha recepción oficial a todas as nenas e nenos ás 11:00 h no Pazo Mugartegui e recollerán as cartas pendentes. A cabalgata iniciarase ás 18:00 h en José Malvar, cunha comitiva na que participarán charangas, malabaristas, grupos de pastores e pastoras e pallasos, entre outras animacións. Cada Rey terá a súa propia carroza, ás que se sumarán as carruaxes dedicadas ao Cinema, a Epi e Blas e a Merlín.

No veciño municipio de Poio, os Reis Magos tamén chegarán pola mañá, neste caso, en coches clásicos para percorrer as rúas do municipio e saudar ás veciñas e veciños. Sobre as 12:00, acudirán á Burbulla do Nadal da Seca, onde as nenas e nenos poderán facerse fotos coas Súas Maxestades, entregar as súas cartas e recibir caramelos. A cabalgata terá lugar pola tarde, a partir das 17:30 horas.

  • Lalín: novas carrozas máis vistosas

A chegada dos Reis Magos a Lalín estará precedida polos paxes reais, que recollerán as cartas das nenas e nenos do municipio. As Súas Maxestades desfilarán polas rúas a partir das 17:30 horas, nunha cabalgata que este ano loce cinco novas carrozas máis vistosas e atractivas. O desfile realizará o percorrido habitual polo centro urbano e contará con animacións musicais.

  • O Morrazo: motivos africanos e cabalos

A cabalgata de Cangas estrea este ano novas carrozas, de maiores dimensións que nos últimos anos e máis espectaculares. Dúas delas estarán inspiradas en motivos exipcios e africanos e unha terceira, no Rey León. A comitiva partirá ás 18:00 horas da rotonda do porto e nela participará o persoal de Correos en motos e furgonetas, para asegurar a correcta entrega de todas as cartas. O desfile acabará cun espectáculo pirotécnico.

En Moaña, os Reyes irán dacabalo nunha cabalgata integrada por paxes, xinetes, patinadores e patinadoras. Nas carruaxes non faltarán camelos, trasgos e gnomos. A recepción ás Súas Maxestades terá lugar no pavillón de Reibón ás 18:00 h.

En Bueu a cabalgata percorrerá as rúas do municipio a partir das 18:00 horas. Instalouse unha carpa no aparcadoiro das Lagoas para acoller o fin de festa.

  • O Salnés : visita das Súas Maxestades aos Beléns

En Vilagarcía de Arousa a cabalgata sairá ás 19:00 h da praza da II República, nunha grande comitiva na que participan trece asociacións veciñais e de pais e nais de alumnos do municipio. Como é tradición, tampouco faltarán os integrantes de Os Ingleses Rugby Club, que este ano poñerán o traxe de romanos para escoltar ás Súas Maxestades. Tras efectuar o percorrido de costume, os Reis Magos baixarán dos seus vehículos nos xardíns de Ravella e dirixiranse ao Belén vivente instalado na praza do Concello. Alí, Melchor, Gaspar e Baltasar farán as súas ofrendas ao Neno Xesús e dedicarán unhas palabras ao público asistente. Posteriormente, serán recibidos pola Corporación municipal e, a continuación, dará comezo a recepción real na que as Súas Maxestades atenderán ás nenas e nenos.

En Valga, os Reis Magos percorrerán a localidade en tren e tras visitar as diferentes parroquias, a comitiva trasladarase sobre as 19:00 h ao Belén Artesanal. Antes da súa chegada, celebrarase unha festa infantil.

  • Ponteareas: Ranchos de Reis e danzas populares

Os Reis Magos de Oriente ofrecerán unha recepción ás 12:00h na Casa Consistorial e protagonizarán a cabalgata a partir das 18:00 horas. No seu desfile estarán acompañados dos Ranchos de Reis das parroquias das Cortellas, Fozara, Guláns e Santiago de Oliveira, agrupacións de danzantes que manteñen viva unha antiquísima tradición que entronca coas danzas brancas de celebración do Solsticio de Inverno. En Ponteareas os Ranchos de Reis conserváronse ata a actualidade, especialmente en Guláns, e o día 5 a partir das 16:30 horas animarán as rúas e prazas do centro urbano. Ao día seguinte volverán danzar, seguindo a tradición, nas súas respectivas parroquias.

  • Tui: unha Cabalgata internacional
A eurocidade Tui-Valença ten todo preparado para recibir o 5 de xaneiro aos Reis Magos, que protagonizarán un ano máis unha Cabalgata internacional que involucra aos dous municipios de España e Portugal. O percorrido iníciase ás 17:00, hora española, en Valença e termina ás 19:00 h no paseo da Corredoira en Tui, tras percorrer 3,5 km. O tren turístico, o camión dos bombeiros e as rondallas acompañarán no desfile ás Súas Maxestades. Melchor, Gaspar e Baltasar efectuarán unha ofrenda no Belén vivente instalado en Tui e procederán á lectura da mensaxe real, tras o cal recibirán a todas as nenas e nenos que desexen saudalos.
Tags: portada
Back to News

Diputación de Pontevedra
≡ Sitemap
  • Destination Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza and Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Essentials - Must visit in As Rías Baixas
    • Castles
    • Atlantic Islands
    • Lighthouses
    • Route of the Camellia
    • Beaches
    • Viewpoints
    • Castros
    • Old towns
    • The Route of the Wine
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Discover Rías Baixas, a magical destination
    • Food and wine
    • Nature
    • Culture
    • Spas
    • Adventure tourism
    • Heritage
    • Festivals
    • Rías Baixas Ways
    • Coastal tourism
  • Be inspired - Plans to enjoy As Rías Baixas
    • Routes
    • Flavours
    • Landscapes
    • Sport
    • Water
    • Art and monuments
    • Traditions
    • History
  • Trips - a break in As Rías Baixas
    • O Grove´s coast
    • Inland north
    • South of the Rías Baixas
  • Useful guide - maps, tourist offices, transports
    • How to get
    • Getting about
    • Guides and maps
    • Useful telephones numbers
    • Tourist office network
    • Quality
  • What's new
    • News
    • Multimedia
    • Agenda
    • Newsletter - Now in As Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustainability
    • I Love Rías Baixas

INFORMATION OF INTEREST

  • Rías Baixas - Tourist office network
  • Contact
  • Accessibility
  • How to get Rías Baixas
  • Useful telephone numbers
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. All rights reserved Disclaimer Privacy Policy Cookie Policy Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124