Fiestas en Rías Baixas

Bases do sorteo “Coñece a María Vinyals. A muller do porvir”

I. Introdución
 
A institución provincial quere dar a coñecer o castelo de Soutomaior a través da publicación “María Vinyals. A muller do porvir.” Para difundir este recurso, a Deputación de Pontevedra organiza un sorteo cuxo premio será 1 libro “María Vinyals. A muller do porvir” do autor Diego Piay e da editorial Alvarellos, que poderá ser en galego ou castelán, a escoller pola persoa gañadora.
 
II. Mecánica de participación
 
O concurso realizarase nas redes sociais do Castelo de Soutomaior, concretamente no perfil de Facebook, dende o día 16 de abril ás 12 horas ata o 23 de abril ás 12 horas (ambos incluídos). O día 24 de abril realizarase o sorteo. 
 
A través dunha publicación específica na páxina de Facebook do Castelo de Soutomaior, articularase un sorteo no cal as e os participantes deberán contestar a unha pregunta formulada nela.
 
A mecánica será a seguinte:
 
1. Seguir en Facebook a páxina “Castelo de Soutomaior” e reaccionar á publicación. 
 
2. Contestar cun comentario a cuestión formulada na publicación do sorteo, mencionando a outra persoa das súas amizades da rede social.
 
3. Compartir a publicación.
 
4. Cada participante só poderá realizar un comentario.
 
III. Requisitos de participación
 
Este concurso será válido para todo o territorio español. Poderán participar nel, na modalidade correspondente, do día 16 ata o 23 de abril, de xeito voluntario, todas aquelas persoas físicas maiores de idade que sigan o perfil da rede social indicada.
A persoa gañadora, para poder adquirir o premio, deberán acreditar a súa identidade ante a Deputación de Pontevedra a través da presentación do correspondente documento de identidade en vigor.
 
Só os comentarios respondendo á cuestión indicada entrarán no concurso. 
Os contidos non poderán reproducir estereotipos sexistas, homófobos ou racistas.
A Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de modificar as bases do concurso, parcial ou totalmente, en calquera momento. Así mesmo, resérvase tamén o dereito de anulalo ou deixar o premio deserto no caso de detectar algunha irregularidade.
 
A persoa gañadora exime a Deputación de Pontevedra da responsabilidade derivada de calquera prexuízo que puidesen sufrir no gozo do premio obxecto do concurso.
 
IV. Selección da persoa gañadora
 
A través de medios telemáticos, comprobaranse que os participantes cumpran cos requisitos solicitados. Realizarase o sorteo entre estes e de aquí sairá a ou o gañador do libro.  A páxina de Facebook do Castelo de Soutomaior realizará una publicación co nome do gañador. Se nun prazo de 48h o usuario no se comunica coa páxina, volverase realizar o concurso.
 
V. Descrición do premio
 
O premio é o libro “María Vinyals la mujer del porvenir” do autor Diego Piay e da editorial Alvarellos. O idioma é a escoller: galego ou castelán.
 
VI. Sorteo
 
A persoa gañadora será anunciada o día 24 de abril de 2020 na páxina de Facebook do Castelo de Soutomaior. De forma simultánea, os seus datos persoais (nome e apelidos) poderán ser publicados na páxina web, nas redes sociais e nos demais medios promocionais que articule a Deputación de Pontevedra para dar a coñecer a identidade da persoa gañadora que, como aceptación do premio, deberá responder a esa notificación en máximo 48h. 
 
O sorteo realizarase o 24 de abril ás 13 horas a través dunha ferramenta telemática de xestión de sorteos, cuxo resultado será certificado polo secretario da institución provincial.
 
VII. Descalificacións e penalizacións
 
Calquera participante que incumpra co esixido nestas bases, proporcione datos non válidos ou realice comentarios ou opinións persoais cuxo contido se considere inadecuado, ofensivo ou inxurioso será excluída ou excluído automaticamente do concurso e perderá calquera dereito sobre o premio.
 
VIII. Aceptación das bases
 
Esta iniciativa está promovida pola Deputación de Pontevedra. A participación no concurso implica a aceptación íntegra das súas bases e a autorización expresa da persoa participante para ser incluída nas accións de comunicación que se realicen con motivo deste sorteo.
 
As promocións de Facebook deben incluír:
 
Unha exoneración completa de Facebook de toda responsabilidade por parte de cada concursante ou participante.
 
Un recoñecemento de que a promoción non está patrocinada, apoiada nin administrada por Facebook, nin asociada de ningún xeito a Facebook.
 
IX. Protección de datos persoais
 
Os datos persoais obtidos neste concurso serán obxecto de tratamento por Facebook e pola Deputación de Pontevedra, en calidade de responsables do tratamento, coa finalidade de xestionar este concurso.
 
A lexitimación para o tratamento baséase no consentimento das persoas participantes e poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, exercitar outros dereitos ou revogar o consentimento segundo o previsto en https://es-es.facebook.com/about/privacy/update e en https://depo.gal/proteccion-dedatos/exercicio-de-dereitos.