Corpus Christi de Ponteareas
Ponteareas (San Miguel)36860 PonteareasPontevedra
Dende 1857 todo o pobo confecciona as espectaculares alfombras florais que cobren unha vintena de rúas, un total de 6.000 m2 de tapices vexetais, que se preparan con motivo da solemne procesión que se realiza o domingo para recibir ao Santísimo Sacramento.
Miles de asistentes pasean bordeando as fermosas filigranas de arte florar que realzan o esplendor deste desfile ata que o cortexo relixioso pasa arrastrando os delicados pétalos.
As orixes desta tradición remóntanse a principio do século XX, cando se tapaban con flores as fochancas que había ao longo do percorrido que seguía a procesión. A festa foi declarada de interese turístico no ano 1968, e desde o 2009 de carácter internacional
Miles de asistentes pasean bordeando as fermosas filigranas de arte florar que realzan o esplendor deste desfile ata que o cortexo relixioso pasa arrastrando os delicados pétalos.
As orixes desta tradición remóntanse a principio do século XX, cando se tapaban con flores as fochancas que había ao longo do percorrido que seguía a procesión. A festa foi declarada de interese turístico no ano 1968, e desde o 2009 de carácter internacional
Servizos
- Punto de información: Sí
- Puesto de la Cruz Roja: Sí
Actividades
- Actividad: para niños, para familias
Características
Curiosidades Cabe destacar as alfombras realizadas máis aló de Ponteareas, como a confeccionada na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela o 9 de novembro de 1982, con motivo da primeira viaxe da súa Santidade Xoán Paulo II a España, ou a realizada tamén na súa honra na praza Santa Ana do Vaticano o 2 de febreiro de 1983. Destacan tamén as de Caracas (1985 e 1998), Sevilla (1992), Buenos Aires (1992), Bahía (1993), etc. sen esquecer as realizadas anualmente na vila irmá de La Orotava desde 1984. Orixe e historia A orixe sitúase na rúa de Abaixo ou rúa Real e desde alí estendeuse a outras zonas da vila. Sábese que na segunda metade do século XIX xa se adornaban as rúas, nas que esparcían flores e plantas sen confeccionar ningún debuxo. Nas primeiras décadas do século XX comézanse a realizar os primeiros debuxos, maioritariamente de carácter xeométrico e con deseño de cenefas.Ata o ano 1947 ningunha institución promovía ou apoiaba o esforzo dos ponteareáns e tampouco ningún foráneo se achegaba a contemplar esta obra de arte efémera. É entón cando se aposta pola difusión da festa por medio de entrevistas radiofónicas ou reportaxes xornalísticas, conseguindo que en 1968 sexa declarada Festa de Interese Turístico Nacional. Recentemente, en 2009, foi declarada Festa de Interese Turístico Internacional e en 2010 realizouse en Ponteareas o III Congreso Internacional de Arte Efémera. Itinerarios e eventos principais durante a súa realización Itinerario: praza de Bugallal, rúa de Oriente, Praza Maior, rúa dos Ferreiros, rúa Doutor Fernández de la Vega, rúa Reveriano Soutullo e avenida da Constitución. O evento principal é a propia creación das alfombras durante a noite do sábado e a procesión do Santísimo Sacramento o domingo pola mañá.
- Descripción del entorno: Urbano
- Organismo responsable: Concello de Ponteareas
- Declaración de interese turístico: Internacional
Accesos
- Baños públicos adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Accesos a pie: Sí
- ¿Existe transporte público para acceder al recurso?: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Los accesos al recurso están adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Las infraestructuras del recurso están adaptadas para personas con discapacidad: Sí