Romería Vikinga de Catoira
O primeiro domingo de agosto, desde 1961, celébrase a Romaría Viquinga, declarada Festa de Interese Turístico Internacional no ano 2002. Nela, conmemóranse as incursións normandas do s. XII en territorio galego en busca dos tesouros composteláns e os enfrontamentos coa xente do lugar.
Unha multitude apíñase nas beiras e sobre a ponte, onde se unen a ría de Arousa e o río Ulla. A vila énchese ó longo da mañá de miles de visitantes que acoden a presenciar a espectacular chegada dun drakkar viquingo, como os que chegaron hai uns mil anos asaltando as aldeas destas costas, Os restos das vellas torres defensivas medievais, as Torres do Oeste, son o obxectivo dunha trintena de intrépidos bárbaros do norte coroados con cascos cornudos, que saltan a terra lanzando os seus máis feroces berros de guerra.
O desembarco viquingo e os enfrontamentos con armas en defensa das torres para deter a invasión son os actos centrais e teñen lugar ó mediodia. A romaría continúa durante todo o día con actos culturais, música e baile folclórico, mercado medieval, degustación de mexillóns, viño tinto e comida campestre. O día da festa as rúas e o paseo marítimo de Catoira están repletos de visitantes e viquingos desfarrapados e entregados á festa

Servizos
- Actividades de animación: Sí
Características
Orixe e historia A primeira romaría viquinga celébrase o 29 de xullo de 1961, promovida polo Ateneo do Ullán, un foro artístico e literario creado por intelectuais nados en terras do Ullán. Nos primeiros anos a festa consistía nunha misa na capela de Santiago das Torres de Oeste en memoria de Diego Gelmírez e demais defensores da fortaleza, seguida da representación da chegada en barco dos invasores liderados polo rei Ulfo "O Viquingo" que despois se rendería. Co tempo cambiaron os organizadores, primeiro unha coñecida empresa de cerámica catoiresa e finalmente o Concello de Catoira, que incrementaron o prestixio e calidade da celebración ata darlle un carácter máis cultural e significante, como require unha festa declarada de Interese Turístico Internacional Itinerarios e eventos principais durante a súa realización Durante a semana previa ó día grande son numerosas as actividades que se organizan, coma teatro no escenario das Torres e as xornadas culturais Catoira na Historia, na que partcipan outras localidades europeas irmandadas coma a danesa Frederikssund e as británicas Wachet e West Somerset. Tamén hai concertos e outras actividades culturais- Descripción del entorno: Fluvial
- Organismo responsable: Concello de Catoira
- Declaración de interese turístico: Internacional
Data celebración
- Data de: 04/08/2019
Espectáculos
- Espectáculos musicais: Sí
- Espectáculos teatrais: Sí
Accesos
- Accesos a pie: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí