Isla de San Simón
San SimónCesantes (San Pedro)RedondelaPontevedra
Esta illa estivo ocupada polos templarios nos séculos XII e XIII ata que a excomunión e disolución desta orde deixa a illa en mans da Coroa de Aragón que a doa ao Bispado de Tui no ano 1370 en agradecemento á súa fidelidade. Nos anos posteriores combinarase a ocupación relixiosa da illa con períodos de abandono, asaltos e saqueos por parte dos piratas británicos comandados por Sir Francis Drake. En 1702 chega un episodio histórico, a coñecida como batalla de Rande, que enfrontou ás tropas anglo-holandesas cunha coalición franco-española, na que resultaron vencedoras as primeiras. Despois da batalla saquearon toda a costa e incendiaron o antigo mosteiro de San Simón, que tras unha reconstrución volveu ser destruído e finalmente abandonado no ano 1719, tras outro ataque inglés.
Despois de case un século de abandono, e debido ás epidemias de cólera, decídese instalar en San Simón o que sería coñecido como Lazareto de San Simón polo que tiñan que pasar os navegantes procedentes doutros países europeos. O lazareto inaugurouse en 1841 e foi clausurado en 1927, coa chegada da Guerra Civil convértese en cárcere. A partir de 1948 convértese en residencia de verán para os membros da Garda de Franco, pero en 1950 un accidente marítimo acabou coa morte por ahogamiento de corenta e tres membros da Garda de Franco, tras afundirse a súa embarcación "Monchita". Isto precipitou o peche da illa, que tan só volvería ser utilizada entre 1955 e 1963 como fogar Méndez Núñez para a Formación de Orfos de Mariñeiros.
Actualmente, e despois dunha profunda remodelación as illas están abertas ao público, aínda que hai que pedir autorización para poder visitalas. Despois dunha profunda rehabilitación o complexo parece estar destinado a converterse nun centro de recuperación da Memoria Histórica, con varios edificios restaurados, centro de documentación e biblioteca
Accesos
- ¿Existe transporte público para acceder al recurso?: Sí
Características
- Descrición do ámbito: Marítimo
- Interés Paisajístico: Elevado
Figuras de protección
- Figura de Protección: ZEPVN, Red Natura 2000, LIC
Servizos
- Permitido el baño: Sí
- Merendero: Sí
- Navegación y fondeo: Sí