Fiesta de la Anguila y Muestra de la Caña del País
Festa gastronómica de exaltación dos produtos típicos das terras do Ulla. A anguía e a augardente ou caña do país. Ambos os produtos pódense desgustar en moi diferentes preparacións: racións de anguía guisada, frita, empanada, con pementos e cachelos e unha das novas, ó estilo Bella Otero con arroz ou un menú degustación para probar cada unha das especialidades. Ó final das festas chega o conxuro, degustación de rosquillas de augardente e a gran queimada popular elaborada polos mellores cañeiros
Servizos
- Punto de información: Sí
- Actividades de animación: Sí
Actividades
- Actividad: para familias, para niños
Características
Orixe e historia A Festa da Augardente naceu no 1991 como complemento á Festa da Anguía, organizada desde 1988, para acabar unificandose na chamada Festa da Anguía e Mostra de Caña do País. Debido á escaseza de anguía e a situación económica actual, nas dúas últimas edicións (2012 e 2013) non se celebrou esta festa, coa previsión de recuperala en edicións posteriores Itinerarios e eventos principais durante a súa realización Organízanse múltiples actividades como un pregón a cargo dun personaxe popular, teatro, concertos, demostracións, exposicións de pintura, fotografía, vídeos explicativos da elaboración da augardente, e unha verbena nocturna. Durante os días previos faise a cata da augardente para premiar no día grande á mellor augardente branco, de herbas e tostado- Descripción del entorno: Fluvial
- Organismo responsable: Concello de Valga
- Declaración de interese turístico: Galego
Accesos
- Baños públicos adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Accesos a pie: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí