Fiesta del Millo Corvo
MeiroBueu (San Martiño)36939 BueuPontevedra
Festa de Interese Turístico de Galicia na que se moe o millo corvo durante toda a xornada. Os asistentes poden visitar os muíños e observar o funcionamento do muíño da presa, que moe o millo. A noite amenízase coa actuación de grupos de música tradicional e pandeireteiras. A partir da medianoite celébrase unha queimada coa tradicional lectura do esconxuro. Durante o fin de semana pódense degustar diversas tapas e pratos elaborados con este produto; os máis pequenos poden participar en diferentes talleres infantís e artesanais con demostracións en vivo.
Servizos
Actividades
- Actividad: para familias, para niños
Atención ao cliente
- Idioma: Castellano, Galego, Inglés
Características
Curiosidades Esta festa non se resume só na degustación realizada no mes de marzo, se non que é unha actividade anual de sementa, cava e renda, rega, talla e empalleirado, escollida e debullado, moída, amasado e cocido levado a cabo na aldea de Meiro. Orixe e historia Esta festa xorde coa intención de recuperar esta especie de millo, de cor negra, que estaba case extinguida na comarca do Morrazo. Organismo responsable Asociación Cultural de Meiro Itinerarios e eventos principais durante a súa realización O evento principal é a moenda do "millo corvo". Ademais pódense degustar tapas e pratos elaborados con este millo negro e participar en diferentes talleres tanto para nenos coma para adultos.- Descripción del entorno: Rural
- Prezos: Gratuíto
- Declaración de interese turístico: Galego
Accesos
- Accesos a pie: Sí
- ¿Existe transporte público para acceder al recurso?: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Los accesos al recurso están adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Las infraestructuras del recurso están adaptadas para personas con discapacidad: Sí