De ruta polas Illas dos Deuses

As Cíes, xoia do Parque das Illas Atlánticas de Galicia, ofrécenche cinco itinerarios de sendeirismo para descubrir os seus paradisíacos areais e cantís de vertixe e vivir un atardecer único

Os cinco sendeiros de Cíes (pulsa sobre as rutas para descubrilas)

  • Ruta do Monte Faro
  • Ruta do Faro da Porta
  • Ruta entre faros
  • Ruta do Alto do Príncipe
  • Ruta de Monteagudo
Isla de San Martiño Isla do Faro Isla de Monteagudo
  • Faro de Cíes
  • Observatorio de aves
  • Peirao
  • Faro da Porta
  • Alto do Príncipe
  • Praia da Nosa Señora
  • Camping
  • Praia de Rodas
  • Praia de Figueiras
  • Faro do Peito
  • Lago dos Nenos
 
  • Faro de Cíes Observatorio de aves Peirao Faro da Porta Alto do Príncipe Praia da Nosa Señora Camping Praia de Rodas Praia de Figueiras Faro do Peito Lago dos Nenos
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  

Información das rutas

(Ida e volta)

Lonxitude: 12 km

Duración: 4 h 15 min

Lonxitude: 7 km

Duración: 2 h 30 min

Lonxitude: 5 km

Duración: 1 h 30 min

Lonxitude: 3 km

Duración: 1 h

Lonxitude: 5,6 km

Duración: 1 h 45 min

As illas Cíes son un espectáculo visual que xa se admira durante a travesía en barco e do que gozas cando te mergullas nas súas augas cristalinas ou camiñas polas rutas sinalizadas que percorren as dúas illas, unidas pola praia de Rodas. As e os amantes da natureza e do sendeirismo descubrirán un enclave de enorme atractivo, con dous itinerarios cara á illa de Monteagudo (ou do Norte), outros dous que se dirixen á de Faro (ou do Medio), e unha alternativa cun trazado maior que une os dous extremos para as e os máis aventureiros.

non perdas de ver ...

  • Lago dos Nenos
  • Alto do Príncipe
  • Observatorio de aves
  • Praia de Figueiras

Calza as botas e percorre os impresionantes cantís do arquipélago, observa a excepcional colonia de gaivotas patiamarelas e contempla as espectaculares paisaxes da illa de San Martiño, á que só se pode acceder en barco privado.

Desde a Ruta de Monteagudo darache a sensación de case de rozar os impresionantes cantís da Costa da Vela

As cinco rutas de sendeirismo das illas Cíes son unha opción perfecta para aproveitar a túa viaxe en calquera época do ano. Elixe a túa e vive unha experiencia inesquecible.

A Ruta do Monte Faro é a máis popular por pasar polo observatorio de aves do Alto da Campá, e polas súas espectaculares vista das rías e da illa de San Martiño. O vertixinoso último tramo, repleto de curvas, regálanos unha das imaxes máis recoñecibles do parque nacional.

Son 3,5 quilómetros de ascenso desde a caseta de información da praia de Rodas, e outros tantos para regresar. Necesitarás ao redor de dúas horas e media para completar este percorrido, no que coñecerás a fondo a colonia de gaivotas patiamarelas de Cíes e cruzarás a ponte que une Monteagudo e Faro.

Faro Cíes
Observación estrellas Cíes

Destino Starlight

Os fondos de Cíes son recoñecidos pola súa gran diversidade de especies e as illas son ademais un enclave privilexiado para o birding. Recentemente sumou un novo distintivo turístico ao recibir o selo de Destino Starlight, que acredita a Cíes como lugar propicio para a observación de estrelas ao estar protexido da contaminación lumínica. Outra forma de coñecer a fondo o terreo é percorrer os puntos sinalizados para estudar, gozar e aprender do manto estelar que cobre o arquipélago.

Parte deste itinerario solápase coa Ruta do Faro da Porta. Ambos os percorridos comezan na praia de Rodas, próxima á zona de desembarque, e cruzan o peirao do Lago dos Nenos e o cámping de Cíes, pero bifúrcanse ao chegar á praia de Nosa Señora. Desde aí a Ruta do Faro de Cíes ascende ata o cume e a Ruta do Faro da Porta avanza polo sur da illa de Faro seguindo a paisaxe rochosa de Freu da Porta, sempre coa illa de San Martiño no horizonte. Son 5,2 quilómetros, ida e volta, aptos para calquera idade.

Outra das opcións máis populares para as e os sendeiristas é a ruta que chega ata o Alto do Príncipe, un dos enclaves máis fotografados de Cíes, xunto co faro. Alí vivirás unha posta de sol inesquecible, vendo caer a tarde no Atlántico mentres á esquerda gozas dunha panorámica completa dos cantís e do Lago dos Nenos. Na cima sitúase o singular conxunto de rocas coñecido como Cadeira da Raíña, desde onde se divisa comodamente o horizonte. Este é o itinerario máis curto (3 km).

Camping Islas Cíes
Alto do Príncipe Islas Cíes

Aínda que menos coñecida, a Ruta de Monteagudo mergullarate de cheo nesta illa e levarate ata o faro do Peito, desde onde terás unhas espectaculares vistas da ría de Vigo. Pola súa proximidade e orientación cara á península do Morrazo darache a sensación de case poder rozar os impresionantes cantís da Costa da Vela. Necesitarás dúas horas e unha boa hidratación para percorrer os 2,8 quilómetros que separan Rodas deste extremo.

As e os máis aventureiros teñen a opción de realizar a Ruta entre Faros, sete esixentes quilómetros que convén repartir ao longo da xornada e que permiten explorar os extremos de ambas as dúas illas. As e os sendeiristas teñen ao alcance da man case todos os puntos estratéxicos de Cíes, ao pasar polo complexo dunar de Muxieiro-Figueiras no seu camiño ao faro do Peito, e ao deterse no observatorio de aves cando se dirixan á illa de Faro, deixando a paradisíaca praia de Rodas e a silueta perenne de Vigo sempre á esquerda.