Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro
10:00
10:00
12:30
Castrolandín é un poboado fortificado de finais da Idade de Ferro habitado no momento final da cultura castrexa. Levantouse a principios do século II a. C. e abandonouse a finais do século I d. C. e non volveu ser ocupado. Ten asociado un centro de interpretación situado no centro histórico de Cuntis.
14:00
A Festa do Lacón con Grelos de Cuntis é algo máis que a posta en valor dun produto gastronómico. O lacón, produto galego por excelencia, procede das extremidades dianteiras do porco e os grelos forman parte da cultura gastronómica galega. Ademais, están catalogados coa marca de calidade indicación xeográfica protexida (IXP).
16:00
17:00
Está declarado paraxe pintoresca e xardín histórico. Actualmente conta cunha colección de plantas vivas seleccionadas, identificadas e rexistradas baixo os criterios e métodos científicos. Está tamén catalogado pola Xunta de Galicia como ben de interese cultural. Á marxe da súa riqueza natural, serve como espazo de encontro de diversos actos e é escenario do festival PortAmérica.
18:30