Natureza, patrimonio e unha singular gastronomía grazas á lamprea e os viños da D. O. Rías Baixas, da subzona do Condado. Esta excelente combinación atoparédela en Arbo. Aconsellámosvos que visitedes algunha adega da zona e, a continuación, vos atrevades cunha lamprea á bordelesa.