Un valioso patrimonio aos pés da serra do Cando

Forcarei y Cerdedo-Cotobade: Un mosteiro e singulares construcións etnográficas
 

Mosteiro de Aciveiro

10:00

O mosteiro de Aciveiro é o monumento máis representativo de Forcarei e de Terra de Montes. Esta xoia da arquitectura románica, que foi construído no ano 1135 baixo a tutela do rei galego Afonso VII, levou esta zona a un enorme apoxeo demográfico, económico e cultural.

Neveiras de Fixó

11:00

Animámoste a percorrer a senda do conxunto de Fixó, o de maior importancia en Galicia, vinculado á industria da neve no século XVII. Esta visita permitirache descubrir miradoiros con estupendas vistas, a mámoa do Rofete, o muíño do Porto, carballeiras e regatos.

Cociña tradicional: richada e croca

14:00

En Forcarei teñen uns pratos estrela. Como en toda receita galega o ingrediente é o rei, por iso a carne será da IGP Ternera Gallega, para que o sabor sexa exquisito. Opta por un establecemento tradicional, onde che servirán a richada con pataca cocida ou cachelos, ou unha estupenda croca acompañada do que máis che apeteza.

Arquitectura tradicional galega en Cerdedo-Cotobade

17:00

En Pedre sitúase un excepcional grupo de hórreos coñecido como “Eira Grande”, onde se reunían as e os veciños e gardaban os alimentos. A poucos quilómetros atópase o conxunto arquitectónico de Serrapio, formado pola capela de San Lourenzo (do s. XVIII), varios cruceiros, un pozo labrado na propia pedra e un pombal.

Puente colgante de Calvelo

18:30

Para unir as dúas beiras do río Lérez, entre Calvelo e A Retorta, construíuse unha ponte colgante. Son case 30 metros de longo e ata uns 15 m de altura sobre o nivel do Lérez; unha auténtica beleza rodeada de verde. Na mesma zona hai unha praia fluvial e un tranquilo merendeiro onde acabar o día.