Un bosque que irmanda o vello e o novo mundo

Poio e Meis: da teoría do Colón galego á innovación no cultivo e crianza do viño albariño
 

Casa - museo de Colón

10:00

En Porto Santo, parroquia de San Salvador de Poio, atópanse as ruínas, hoxe restauradas e convertidas en museo, da denominada casa natal de Cristóbal Colón ou Casa da Cruz. Foron propiedade da familia Colón na Idade Media e nelas móstrase un percorrido sobre a teoría do Colón galego.

 

Bosque de Secuoias

12:00

Tamén coñecido como o Bosque de Colón, é un dos bosques de sequoias máis grandes de Europa. A súa orixe remóntase ao ano 1992, cando se conmemorou o 500 aniversario da chegada de Colón a América. O Goberno americano acordou regalarlle a España 500 exemplares de sequoia vermella como símbolo de irmandade entre o Vello e o Novo Mundo.

Xantar en Meis - Ribadumia

14:00

Meis e Ribadumia organizan diversas festas gastronómicas, polo que vos aconsellamos que vos acheguedes a gozar da Festa dos Callos, en Mosteiro, o bolo de ovos récord Guinness con máis de 6.000 ovos, en Paradela, ou a Festa do Tinto de Barrantes, en Barrantes.

Visita á Aldea Labrega

16:00

A Aldea Labrega é un conxunto escultórico creado pola Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra. Este fermoso conxunto encádrase nun espectacular marco natural que forma parte da ruta dos muiños de Serén.

Pazo de Señoráns

18:00

Hoxe reconvertido en adega, o pazo de Señoráns é un magnífico representante dos casais do século XVI, edificados no campo con todo o encanto e o señorío de épocas pasadas. A familia propietaria foi unha adiantada ao seu tempo cando hay 25 anos confiou na nobreza do albariño e apostou polos viños de garda –con propiedades para envellecer en botella– con moi bos resultados.