Casa - museo de Colón
10:00
10:00
12:00
Tamén coñecido como o Bosque de Colón, é un dos bosques de sequoias máis grandes de Europa. A súa orixe remóntase ao ano 1992, cando se conmemorou o 500 aniversario da chegada de Colón a América. O Goberno americano acordou regalarlle a España 500 exemplares de sequoia vermella como símbolo de irmandade entre o Vello e o Novo Mundo.
14:00
16:00
A Aldea Labrega é un conxunto escultórico creado pola Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra. Este fermoso conxunto encádrase nun espectacular marco natural que forma parte da ruta dos muiños de Serén.
18:00
Hoxe reconvertido en adega, o pazo de Señoráns é un magnífico representante dos casais do século XVI, edificados no campo con todo o encanto e o señorío de épocas pasadas. A familia propietaria foi unha adiantada ao seu tempo cando hay 25 anos confiou na nobreza do albariño e apostou polos viños de garda –con propiedades para envellecer en botella– con moi bos resultados.