Illa de Cortegada
10:00
Visita a gran descoñecida do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Esta illa alberga un dos bosques de loureiros de maior superficie de Europa. Unha serie de pequenas lagoas, as ruínas dunha antiga ermida e un cruceiro forman parte desta fermosa paraxe, ancorada no pasado e que crea un ambiente máxico e misterioso.