Un balcón con vistas á ría de Vigo

Redondela, Porriño y Mos: Impresionantes paisaxes e un centro urbano, o do Porriño, co selo do xenial arquitecto Antonio Palacios
 

Visita a Meirande

10:00

Coñeces a famosa batalla de Rande e a lenda sobre o tesouro somerxido na ría de Vigo? O Centro de Interpretación de Meirande ofréceche a oportunidade de saber máis sobre a historia de Vigo. A súa misión é sensibilizar e concienciar sobre a enorme riqueza artística, sociocultural e paisaxística da ría.

Mellor banco da ría

12:30

Ascende ata o Campo da Rata en Redondela e saborea con tranquilidade unha panorámica completa da ría de Vigo desde un excepcional banco de madeira. A recompensa é inmellorable, con vistas ás illas Cíes á fronte, a ponte de Rande e a península do Morrazo diante e, cara ao interior da ría, a preciosa illa de San Simón, que pode visitarse baixo reserva. Imposible pedir máis.

Choco de Redondela

Seguimos na enseada de San Simón, onde cría o choco, tamén coñecido como sepia” ou “xiba”. En Redondela danse tres factores que fan que este sexa o seu prato estrela: un hábitat inigualable, as técnicas de pesca artesanal e as preparacións tradicionais. Vas quedar sen probalo?

Sendeirismo en el río Louro

16:00

Despois do xantar, nada mellor que un paseo á sombra xunto ao río Louro. Propoñémosche un agradable paseo por unha senda fluvial de 3 quilómetros de longo á que se pode acceder desde O Porriño ou polo lado de Mos. É un enclave perfecto para descansar e recuperar forzas cando a calor aperta.

A firma de Palacios en O Porriño

19:00

Para finalizar a xornada descubre un centro urbano aberto, peonil e ben conservado. Construcións históricas, casas burguesas e comercios en soportais. Todo iso coa firma do arquitecto Antonio Palacios, que deseñou o concello, a fonte do Cristo e a Botica Nova. Arquitectura histórica, fachadas orixinais e ambiente agradable para gozar das últimas horas do día.