É o tempo dos cogomelos nas Rías Baixas

Nos montes da provincia de Pontevedra podemos atopar unha gran diversidade de fungos. Repasa o “top 10” dos comestibles e goza do monte de Rías Baixas este outono

 

Nos montes da provincia de Pontevedra crece unha gran diversidade de cogomelos e pódense atopar variedades comestibles case en calquera lugar. Con todo, existen zonas de recollida consideradas clásicas, que pasaron a formar parte dos lugares imprescindibles para os buscadores deste produto debido á súa alta produción micolóxica e á súa accesibilidade.

Entre as zonas máis visitadas temos, por exemplo, O Vixiador, en Candeán, e os montes dos arredores da Universidade de Vigo; a contorna do lago Castiñeiras, no Morrazo; o monte Castrove, entre Meis e Poio; os piñeirais costeiros da comarca do Salnés (Sanxenxo, O Grove e A Illa de Arousa) e, no interior da provincia, as ribeiras do Ulla e as carballeiras e sotos de Lalín, Silleda e Forcarei.

non deixes de ver ...

  • O Vixiador
  • Monte Castrove
  • Carballeiras de Lalín
  • Castiñeiras

A procura de cogomelos silvestres é unha actividade que conta cada vez con máis persoas adeptas, non só polo pracer culinario de degustar o produto recén recollido, senón pola experiencia global que supón saír ao monte no outono, en compañía de familiares ou amizades.

Na provincia de Pontevedra trátase dun pasatempo relativamente recente cuxa tradición non vai máis aló dos anos 70

 

 

En realidade, na provincia de Pontevedra trátase dun pasatempo relativamente recente cuxa tradición non vai máis aló dos anos 70. As fillas e fillos dos primeiros recolectores constitúen agora a segunda xeración de buscadores de cogomelos e son eles os que fixeron un esforzo por divulgar os praceres da micoloxía entre o gran público.

As especies de cogomelos máis recollidos na provincia son os boletos, as cantarelas, a lingua de gato, o níscalo e a zarrota.

Colle a túa cesta e penetra neste fascinante mundo. E, xa de paso, goza da riqueza da flora e a fauna que nos brinda Rías Baixas.


Onde buscar consello?

Distinguir os cogomelos comestibles dos que non o son é fundamental se queremos evitar as tan temidas intoxicacións. Por iso numerosas asociacións organizan nestos meses xornadas micolóxicas, nas que se imparten leccións teóricas e prácticas de colleita e cómo recoñecer os cogomelos.Na actualidade existen nas principais localidades das Rías Baixas diversos colectivos dedicados a ensinar e promover o mundo dos cogomelos, como é o caso de Brincabois, en Pontevedra; Liboreiro, en Bueu; A Cantarela, en Vilagarcía de Arousa; A Zarrota, en Vigo, e A Estrada Micolóxica.

Entre as especies comestibles máis recollidas en Pontevedra, presentámosche por orde alfabética o "top 10" dos cogomelos, que gañaron o seu posto tanto pola súa calidade coma polo seu fácil recoñecemento. Todas elas teñen aplicacións culinarias e constitúen un manxar para as e os amantes dos cogomelos.

  •  
    1. Agaricus campestris Tamén coñecido como champiñón silvestre ou fungo dous lameiros, en galego. É un cogomelo de pequeno tamaño e cor branca. Crece tanto na primavera coma no outono en prados e xardíns ricos e ben fertilizados.
  •  
    2. Boletus del grupo edulis Neste grupo inclúense catro especies comestibles moi semellantes, Boletus edulis, Boletus aestivalis, Boletus pinophilus e Boletus aereus. Son de cor marrón e adoitan crecer en bosques de frondosas ou coníferas. En galego tamén reciben o nome de andoas.
  •  
    3. Cantharellus cibarius y Cantharellus pallens Trátase de dúas especies moi semellantes. Nas Rías Baixas coñécense co nome popular de cantarelas e a súa forma parécese á dunha trompeta. A cor depende das características do terreo onde crecen, aínda que adoita variar entre o amarelo esbrancuxado ou o laranxa.
  •  
    4. Coprinus comatus Tamén coñecido na provincia como chipirón de monte, pola súa forma. Ten un chapeu alongado moi característico e crece en prados, xardíns e herbais.
  •  
    5Craterellus tubaeformis Nas Rías Baixas denomínase angula de monte, xa que ao cociñalo o pé do cogomelo lembra a este peixe. Frutifica en bosques caducifolios, piñeirais e eucaliptais, ben entrado o outono, cando baixan as temperaturas.
  •  
    6. Hydnum repandum Tamén coñecido como lingua de gato ou lingua de vaca, é un cogomelo tardío que, do mesmo xeito que o anterior, sae ben avanzado o outono, a partir de novembro. É de cor crema e podémolo atopar en bosques de frondosas, coníferas e eucaliptais.
  •  
    7. Lactarius deliciosus Chamado níscaro e nalgunhas zonas de Galicia fungo da muña. É un cogomelo moi apreciado en gastronomía e, de feito, moitas persoas só se centran nesta especie. Frutifica en piñeirais e posúe unha cor e un látex alaranxado moi característico.
  •  
    8. Macrolepiota procera É coñecido como zarrota, monxo ou choupín. Distínguese por ser alto e esvelto e o seu chapeu pode alcanzar 40 cm de diámetro. Medra en bosques iluminados, prados e solos ben fertilizados.
  •  
    9Neoboletus erythropus Antes era conocida como Boletus erythropus.Antes era coñecido como Boletus erythropus. É un cogomelo de tipo boleto, con chapeu marrón, poros vermellos e carne amarela que azula ao contacto co aire. O seu hábitat son os bosques de frondosas e coníferas.
  •  
    10. Tricholoma portentosum Coñecido como tortullo, é un cogomelo de chapeu gris e pé esbrancuxado con tonalidades de amarelo pálido. Crece en piñeirais cando chega o frío, a partir do mes de novembro.