![Fiestas en Rías Baixas](/documents/11015/863719/gu%C3%ADa-util-7.jpg/9a4f3181-aa3e-4c78-b079-d07641a3e20d?t=1554878483000)
O destino Rías Baixas posúe unhas dimensións de 4.495 km2. A distancia máxima de norte a sur é de 113 km; e de leste a oeste de 75 km. A lonxitude da súa costa é de 398 km.
Como podes observar é posible moverse polo destino con facilidade para visitar os seus grandes recursos turísticos. As Rías Baixas é unha área cómoda de visitar, con distancias amables e sinxelos desprazamentos.
É unha provincia completísima; comprobarás que este é o lugar perfecto para as túas vacacións.
Podes utilizar diferentes medios de transporte para moverte polas Rías Baixas. Se te guías polo noso mapa resultarache máis doado.