Fiestas en Rías Baixas
Atrás

Ahora comercio de proximidad campaña Diputación de Pontevedra

Agora, comercio de proximidade

Os mellores produtos, nas tendas e mercados de Pontevedra Provincia

O comercio local das Rías Baixas-Pontevedra Provincia é sinónimo de calidade, proximidade e confianza. Unha vez máis, a Deputación de Pontevedra apoia o sector e anima a cidadanía a facer as súas compras nas tendas e mercados coa campaña “Agora, máis que nunca, non perdas a proximidade”. As e os comerciantes da provincia venden materia prima e artigos de calidade e é o momento de recompensalos polo seu esforzo diario e pola atención que prestan.n.

Ahora comercio de proximidad
Ahora comercio de proximidad

O comercio local ofrece todos os produtos necesarios no día a día. Comprar na provincia é un xesto solidario que, ademais, pon en valor a gastronomía, a artesanía e os establecementos de Pontevedra Provincia. É máis importante que nunca que se manteña o comercio local, fortemente arraigado e que ofrece unha atención próxima e persoal que ningún outro tipo de comercio pode prestar.

Solidario e sostible

Comprar no comercio local é tamén un xesto sostible, xa que ao tratarse de produtos de proximidade se reduce a contaminación que supón o transporte. A sostibilidade é o futuro e a Deputación aposta firmemente por un modelo sostible de crecemento para a provincia.

Ahora comercio de proximidad
Ahora comercio de proximidad

A campaña fomenta, por unha banda, as compras nos establecementos comerciais de proximidade e, por outra, anima a consumir produtos de temporada das nosas produtoras e produtores. Cómpre lembrar que na provincia hai cinco denominacións de orixe e unha ducia de indicacións xeográficas protexidas, e os viños da denominación de orixe Rías Baixas contan cunha extraordinaria calidade.

Así que, lembra: Agora, máis que nunca, non perdas a proximidade! 

OUTRAS CAMPAÑAS DE APOIO AO COMERCIO: "Pontevedra Provincia na túa cesta"