Fiestas en Rías Baixas
Atrás

Noticia - Hambre de Experiencia gana oscar del turismo

"Fame de experiencias?", elixida como mellor película de produto turístico do mundo

O vídeo da Deputación gaña nos "oscar do turismo" e converte As Rías Baixas no único destino de España en lograr un primeiro premio no certame mundial

"Fame de Experiencias?" non podía pechar mellor este ano 2020. Despois de conseguir ata 13 premios internacionais, o audiovisual da Deputación de Pontevedra, producido por Esmerarte, que representou á provincia na campaña de promoción do destino 2019, coróase como mellor película do mundo 2020 na categoría de produto turístico.

Os prestixiosos "World Tourism Film Awards", coñecidos como o Festival de Festivais, deron a coñecer nunha gala on line no Palacio Belvedere de Viena os chamados "Oscar do Turismo", os traballos gañadores da súa 33ª edición na que participaron 3.500 vídeos de máis de 120 países.

Na súa categoría, "Fame de Experiencias?" impúxose entre as 32 cintas finalistas de 14 países na votación dos xurados internacionais da rede mundial do CIFFT, o Comité Internacional dos Festivais de Filmes de Turismo, que escolle cada ano o mellor audiovisual turístico do mundo. Tras o audiovisual da Deputación de Pontevedra, o segundo premio foi para Austria, cun audiovisual sobre os Alpes, e o terceiro para Chile. A través do vídeo da Deputación, que pon en valor o produto e as produtoras e produtores do noso territorio, a provincia consegue, ademais, ser o único destino do Estado que logra un primeiro premio.