Fiestas en Rías Baixas
Atrás

Noticia - Pasea por los murales de Vigo, la ciudad del color de las Rías Baixas

Pasea polos murais de Vigo, a cidade da cor das Rías Baixas

Máis de 15 novos murais súmanse aos de edicións anteriores, que desde 2015, inundan de cor esta cidade da provincia de Pontevedra

Mural en Vigo

A cidade de Vigo suma cada ano, desde o 2015, novos murais que enchen de cor algunhas das rúas e emprazamentos máis emblemáticos. Na actualidade conta con máis de corenta representacións, ás que se sumaron máis de 15 no 2018. 

Este museo do street art ao aire libre conta con obras das e dos artistas novos e consagrados, principalmente da localidade, aínda que tamén colabora con outras e outros creadores de proxección internacional.

Este proxecto pretende converter a Vigo nun museo ao aire libre de referencia, como outras cidades como Lisboa ou Barcelona.

A fauna e a flora máis colorida asaltan as rúas da cidade olívica

Mural en Vigo

No número 80 da avenida de Castrelos, atópase o colorido paisaxe tropical de Antonio Marest, unha medianeira con flamencos rosas, unha palmeira e varias follas de monstera. Non moi lonxe de alí, no número 20 da rúa Cataluña, escóitanse os ruxidos do guepardo amarelo de Susie Hammer unha figura que destaca sobre un intenso fondo de cor rosa. O fondo mariño, tamén está representado nas rúas da cidade, coas baleas da artista Julieta XLF, que achegan unha explosión de cor ao acceso da AP-9 a Vigo , onde predominan os tons grisáceos.

Desde o centro, viaxamos ata as aforas, onde a artista Graziela Gonçalvez plasma con “Animalito Land”, diversas representacións de animais, cun baño de cor que enche de luz e contrastes as inmediacións do centro comercial de Coia. Na nosa viaxe cara ás aforas, máis afastado do ruído da cidade, no IES Valadares Iria Fafián, co seu proxecto “Cuentonadas”, empapa as paredes deste instituto con formas vexetais de rechamantes cores.

Explosión de cor nas rúas de Vigo

Podemos atoparnos expresións artísticas moi distintas. En primeiro lugar, os toques hiperrealistas e cubistas da man do artistaMiguel Ángel Belinchón na medianeira do número 198 da rúa de Aragón. Ademais outras formas coloridas rozan o abstracto co mural que combina múltiples formas de Popay, no 52 da avenida da Atlántida, ou as caveiras deLouis Lambert do 62 da rúa de Urzáiz. As formas máis abstractas tórnanse moito máis concretas no mural de Boamistura do número 8 da rúa Gerardo Campos cunha lúcida combinación de letras en diferentes tons.

Paisaxes e natureza cara á ría de Vigo

A natureza e o paso do tempo fusiónanse e aparecen representados nos murais de Lidia Cao no túnel de Beiramar, con tons que lembran ao outono, e o precioso atardecer de Mingos Teixeira no pavillón municipal de Coia. Estas paisaxes suceden baixo a atenta mirada do observador de Míster Kern, un mozo rubio con lentes, que contempla con asombro a ría de Vigo nonúmero 109 da avenida de Galicia, no barrio de Teis.

Algunhas figuras femininas toman as rúas da cidade

Mural en Vigo

Estes murais non quedan exentos de chiscadelas á terra e ao mar. Cunha moza co rostro case oculto por unha pañoleta que suxeita un anciño, o artistaNana rende tributo á terra no 149 da rúa Piñeiro. Por outra banda o aire do mar respírase na composición do artista Isaac Mahow, na que aparece unha moza descansando sobre un mar en calma polo que navega un barco, situada na fachada do hotel Ciudad de Vigo.

A homenaxe á costa complétao o colectivo de artistas Expostas Arte, cunha representación ás mulleres do sector conserveiro na avenida da Beiramar. O mural reflicte a tres mulleres que pertencen ao pasado e ao presente do sector conserveiro de vital importancia na cidade. Estas mulleres son Ana María Soto Landeira; primeira traballadora social de Galicia que representaba ás mulleres traballadoras da conserveira Massó, Marisol Rivada; operaria nunha conserveira desde unha idade moi temperá e formadora das novas traballadoras, e Noa Fontán; que traballa en calidade nunha das empresas conserveiras da ría de Vigo.

As tradicionais “cuncas” que mesturan tradición e cor

El artista Mon Devane recupera a tradicional imaxe das “cuncas” de viño, cunha imaxe de dous anciáns con boina gozando do seu viño nestes recipientes tan arraigados á nosa cultura. Este mural cheo de contrastes mostra estas dúas figuras en tons grisáceos sobre un colorido fondo de intenso violeta. Os dous murais atópanse na rúa Tomás Paredes, nos números 60 e 84.

Que ver en Vigo

Aproveita a túa viaxe de cores pola cidade olívica para coñecer algúns dos puntos máis característicos da cidade. O tritón de aceiro, máis coñecido como o Sireno, a doce metros de altura na praza da Porta do Sol, converteuse nun lugar de referencia. Esta figura convida a penetrarse na rúa do Príncipe, na que pode visitarse o Museo de Arte Contemporánea (MARCO). Desde esa mesma escultura, cara á rúa Policarpo Sanz e a avenida de García Barbón, pódense contemplar algúns exemplos arquitectónicos de finais do século XIX, como o edificio El Moderno, o teatro García Barbón ou a Casa das Artes.

Ademais se es unha ou un amante das alturas, máis afastado do centro, pódese contemplar a cidade de Vigo desde o monte do Castro, onde se sitúa o poboado castrexo, un xacemento de entre os séculos III e I antes de Cristo. Por último, o castelo que coroa o monte, ofrecerache un magnifico paseo polos seus xardíns cun miradoiro cara á ría de Vigo, coas illas Cíes como protagonistas da preciosa panorámica.

Etiquetas: portada