Fiestas en Rías Baixas
Atrás

Sigue tu Instinto, mejor película turística del mundo

Nuevo “Óscar del turismo” para las Rías Baixas: “Sigue tu instinto”, elegida mejor película del mundo

La cinta de la Diputación de Pontevedra repite el éxito de “Hambre de Experiencias”, que obtuvo el galardón de la CIFFT en 2020

As promocións audiovisuais da Deputación de Pontevedra acadan un éxito tras outro ata chegar á cima dos certames internacionais do sector. “Segue o teu instinto”, a peza protagonizada pola actriz Celia Freixeiro, vén de lograr o título de mellor película turística do mundo concedido polo Comité Internacional de Festivais de Películas Turísticas (CIFFT), denominado popularmente o “Óscar do turismo”.

O galardón recae por segundo ano na provincia de Pontevedra, que xa o recibiu con “Fame de Experiencias”, unha campaña da Deputación centrada na gastronomía da provincia coa participación de chefs con estrela Michelin xunto a produtoras e produtores de distintos sectores gastronómicos da provincia.

Os títulos de mellor película do mundo coroan a espectacular traxectoria de ambas as cintas, que obtiveron un total de 24 galardóns no circuíto de festivais internacionais. Ambas foron creadas por  Esmerarte Industrias Creativas. “Segue o teu instinto” destaca a riqueza natural das Rías Baixas, un lugar ideal para desconectar e vivir experiencias únicas rodeadas e rodeados de fermosas paisaxes. Antes de ser elixida mellor película turística do mundo gañou premios en FITUR Travel Vídeo Competition (Madrid),  The  Golden City Gate (Berlín, Alemaña),  International Tourism Film Festival, (Capadocia, Turquía),  International Tourism Film Festival  Africa (Cidade do Cabo, Sudáfrica), Silafest (Serbia), ART& TUR (Aveiro, Portugal), FilmAT Festival (Varsovia, Polonia), Terres Travel Festival ( Tortosa) e Amorgos (Grecia).