Onde durmir nas Rías Baixas
O destino Rías Baixas pon á túa disposición unha ampla variedade de aloxamentos entre os que se atopan hoteis, pensións, establecementos de turismo rural, cámpings…
Algúns deles están situados en edificios históricos, emblemáticos ou con encanto situados en contornos únicos á beira do mar ou en bosques frondosos e vales do interior.
Tamén atoparás balnearios onde realizar unha escapada de relax e un gran número de apartamentos turísticos, modalidade que se puxo tan de moda para quen busca unhas vacacións ás súas anchas.
Cal é o teu tipo de aloxamento?