Conjunto etnográfico Eira da Ermida
A Eira da Ermida é un conxunto etnográfico composto por unha ducia de hórreos agrupados ó redor da ermida da Virxe dos Remedios (queimada polos soldados de Napoleón) que se eleva sobre os montes da zona. A contorna deste recurso está formada por terreos de cultivo e casas de aldea.
As eiras son agrupacións de hórreos, que normalmente se sitúan en maior número nas serras de O Suído, Candán e Faro de Avión, en aldeas conformadas, na maioría dos casos, por casas acaroadas ou moi próximas onde non é posible emprazar o hórreo á beira da casa.
O conxunto de hórreos están asociados a eiras comunais que son obxecto dunha propiedade colectiva e o seu uso está sometido a un réxime de quendas establecidas entre os veciños

Accesos
- Accesos para vehículos privados: Sí
- Accesos a pie: Sí
Características
- Descrición do ámbito: Rural
- Cronoloxía: S. XIX
- Propiedad: Pública
- Interés Paisajístico: Elevado