Camino Portugués por la costa
A GuardaPontevedraPontevedraBaionaOiaVigoRedondelaCaldas de ReisValgaBarroNigránPontecesures
Todo o mundo sabe, máis ou menos, que é o Camiño de Santiago... Unha (en realidade varias) rutas de peregrinación que terminan en Santiago de Compostela e que iniciou alá polo ano 950 o Bispo da cidade francesa de Lle Puy. Desde entón choveu moito e moitos foron os motivos polos que peregrinos de todo o mundo percorreron o camiño.O Camiño de Santiago non é unha ruta única, senón que existen moitos Camiños de Santiago. O Camiño de Santiago Portugués pola Costa rehabilitouse no ano 2010 e é unha ruta seguida polos peregrinos procedentes das terras máis occidentais, e aqueles que chegaban a portos portugueses para chegar ata Santiago. Camiño corroborado polos diferentes topónimos, elementos de devoción xacobea e antigos hospitais e hospederías
Características
Punto de partida e punto de chegada O punto de partida é o pobo da Guarda, o sur de Galicia, e o punto de chegada é Santiago de Compostela na provincia da Coruña Descrición do percorrido O Camiño Portugués pola Costa iníciase en Galicia atravesando o río Miño en ferry desde Caminha- En xeral as primeiras etapas teñen unha difucultad baixa e unha boa sinalización aínda que entrando na cidade de Vigo pode ser un pouco confusa. Ó longo de todo este percorrido pódese gozar dunha paisaxe moi verde e brisa mariña. Unha vez alcanzada Pontevedra a difucultad aumenta un pouco, sendo esta media, atravesando bosques e ríos e pontes, gozando duns magnífios paisaxes do interior galego.Cabe destacar que desde Pontevedra existe un avariante do Camiño que segue a costa, cuxa dificultade é media-alta e na última etapa da variante é necesario a subida en barco pola Ría de Arousa, Mar de Santiago e o Río Ulla Material recomendable Mochila cómoda e lixeira de menos de 10 kg, botas de montaña ou calzado deportivo, chanclas, bolsas de plástico, saco de durmir, toalla pequena, navalla multiusos, caixa de primeiros auxilios: paracetamol, iodo, esparadrapo de tea, gasas estériles, tiritas, laxante, antidiarreico, crema antiflamatoria, protección solar, panos de papel; deterxente ou xabón de roupa, bastón, pequena guía/mapa, tarxetas de débito ou de crédito e tarxeta da Seguridade Social, credencial, cámara de fotos; roupa: 2 camisetas, 2 pantalóns (1 longo, 1 curto), xersei, chuvasqueiro, bañador/biquini, gorro/viseira, 2 suxeitadores, 3 bragas/calzóns, 4 pares de calcetíns; comida: o xusto para o tramo do camiño, froitos secos, froita, chocolate e auga Puntos de interese ó longo do Camiño A Guarda: o monte de Santa Tegra e o centro histórico da Guarda. O Rosal: muíños de Picón e de Folón. Oia: o núcleo do Arrabalde e o mosteiro cisterciense de Santa María de Oia. Baiona: o centro histórico e a ponte románica da Ramallosa. Nigrán: pazo de Pías, Arrabadeira, Abacial e Cea. Vigo: pazo de Castrelos e a ría de Vigo. Redondela: enseada e a illa de San Simón. Soutomaior: castelo de Soutomaior. Vilaboa: salinas de Ulló e a capela de Santa Marta. Pontevedra: santuario da Virxe Peregrina, praza da Ferrería, da Estrela e da Leña e o Museo provincial. Barro: parque natural do río Barosa. Portas: antiga azucreira e a igrexa Romai. Caldas de Reis: igrexa de Santa María de Bemil, Santo Andrés de Cesar, Santo Estevo de Saiar e San Tomás de Becket e o Xardín Botánico. Valga: fervenza da Ruxidoira. Pontecesures: ponte de Cesures e a igrexa de San Xulián de Requeixa- Duración (días): 6
- Duración (horas): 6
- Acceso a pé, en bicicleta, a cabalo, en motocicleta, con vehículo propio
- Lonxitude media das etapas: 30km
- Dificultad : Media-alta
- Descrición do ámbito: Marítimo
- Organismo responsable: Xunta de Galicia
- Lonxitude total do Camiño: 140km
- Núm. de etapas recomendadas: 6 etapas
- Medio (M.I.D.E): 3
- Desplazamiento (M.I.D.E): 3
- Itinerario (M.I.D.E): 2
- Esfuerzo (M.I.D.E)