Romería de O Corpiño
Romaría relixiosa que se realiza do 23 ó 24 de xuño e que congrega a miles de devotos que pretenden librarse dos meigallos. A súa fama esténdese por toda Galicia. A festa celébrase na contorna do santuario, ó redor dunha ampla carballeira rodeada polas casas da aldea do Corpiño. Desde este lugar pódese gozar dunha ampla panorámica do val de Losón
Servizos
- Baños públicos: Sí
- Actividades de animación: Sí
Características
Curiosidades A crenza popular di que esta Virxe exerce poderes sobrenaturais sobre os tolos e enfermos. E por iso miles de persoas acoden cada ano a Loson, buscando que o milagre afaste o meigallo do seu corpo. Dicíase que na misa de San Xoán se unha persoa tiña o demo dentro desmaiábase e empezaba a berrar, o sacerdote faría unha especie de exorcismo para limpar a súa alma e que o demo saíse do seu corpo Orixe e historia Conta a tradición que a mediados do século VII había un ermitán moi devoto da Virxe que gozaba de fama de santo e vivía nunha cova do monte Carrío. Anos despois os veciños da comarca atoparon o seu corpo incorrupto entre unhas matogueiras próximas, motivo polo cal se levantou alí unha capela. Pero coa invasión dos mouros, os cristiáns víronse obrigados a abandonar o lugar e a capela terminou por derrubarse. A mediados do século XII uns nenos que gardaban o gando comprobaron como o ceo se nublaba repentinamente, quedando completamente cuberto. O medo, segundo a lenda, levounos a refuxiarse entre os restos da capela, onde nada máis entrar "foron cegados por unha claridade que non parecía deste mundo", segundo escribiu Vicente Risco. Inmediatamente aparecéuselles a Virxe cun ramo de flores na man dereita. As aparicións repetíronse ata facerse coñecidas en toda a comarca Itinerarios e eventos principais durante a súa realización Procesión da Virxe do Corpiño- Descripción del entorno: Rural
- Declaración de interese turístico: Galego
Data celebración
- Data de: 23/06/2019
- Data ata: 24/06/2019
Espectáculos
- Espectáculos musicais: Sí
Accesos
- Accesos a pie: Sí
- Accesos para vehículos privados: Sí