Palacete de las Mendoza
O palacete foi construído no século XIX. O autor do edificio foi Alejandro Rodríguez Sesmeros, o arquitecto máis importante da súa época en Pontevedra, artífice, entre outros, de edificios tan emblemáticos como a Casa Consistorial (1877) onde actualmente o edificio é ocupado polo Concello, e o edificio da Deputación (1883) tamén realizado por este enxeñoso personaxe, todos eles con alusións á arquitectura francesa. O arquitecto Sesmeros foi o encargado de planificar a cidade tras a caída da vella muralla que bordeaba todo o que actualmente coñecemos como o centro histórico, e encargouse da traída de auga e a rede de sumidoiros. O seu primeiro labor foi a de abastecemento de auga corrente, para o que construíu os depósitos abovedados de San Mauro e unha nova traída de auga que se canalizou a todas as prazas da cidade onde se instalaron esas verdes fontes de fundición que podemos ver en case todas elas. A nova traída permitiu a acometida de auga corrente ás casas particulares sendo o primeiro en contar con esta hixiénica innovación, o Palacete das Mendoza. Este Palacete estivo vinculado desde o seu inicio a unha familia de Pontevedra moi coñecida, os Méndez Núñez. Fué construído por mandato de Soidade que era irmá do almirante D. Casto (heroe da Batalla do Callao). Este cedeu despois a casa a Carmen Babiano, que era a filla da súa irmá Clara, pasando máis tarde a propiedade das súas sobriñas-netas María e Concepción Mendoza Babiano, sendo estas as últimas en ocupar a casa como residencia privada no ano 1971. O vidro do lucernario que se pode admirar no teito do patio central do edificio foi deseñado polo artista coruñés Gerardo Porto, e elaborado nos talleres de Van Tetterode de Amsterdam, cando o edificio era propiedade de Caixa Madrid. Dende o ano 2004 é sede do servizo de turismo da Deputación de Pontevedra
Características
- Descrición do ámbito: Urbano
- En uso: Sí
- Propiedad: Pública
- Estilo Arquitectónico: Moderno
Accesos
- Accesos a pie: Sí
- Los accesos al recurso están adaptados para personas con discapacidad: Sí
Servizos
Atención ao cliente
- Idioma: Castellano, Galego, Inglés, Francés
Horarios
- Abierto festivos: Sí
- Horario de apertura desde: Luns
- Horario de apertura hasta: Venres
- Hora Apertura mañana: 08:00
- Hora Cierre tarde: 20:00
- Horario de apertura desde: Sábado
- Hora Apertura mañana: 10:00
- Hora Cierre mañana: 14:00
- Hora Apertura tarde: 16:00
- Hora Cierre tarde: 19:00
- Horario de apertura desde: Domingo
- Hora Apertura mañana: 10:00
- Hora Cierre mañana: 14:00