Mirador natural "Burato do Inferno"
Atópase na zona sur da illa e é unha perigosa greta que descende verticalmente ata o mar. Pódese entrar en barca pola parte inferior. Está unida a lendas e supersticións que, por outra banda, son extremadamente abundantes nesta illa: "nos días de temporal óense os berros e xemidos das almas que atrapou o diaño", din os insulares. Probablemente a orixe destas lendas sexa o temor que lles inspiraban a quen se aproximaban a ela os sons que emitían os extintos araos que outrora aniñaban no seu interior. Unha cruz no acantilado, que lembra un garda mariña que morreu ó escorregar no seu traizoeiro bordo e caer dentro, lémbranos o seu perigo
Accesos
- Accesos a pie: Sí
Características
- Descrición do ámbito: Marítimo
- Interés Paisajístico: Elevado